Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2001 Páx. 13.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a selección dunha entidade colaboradora da Seguridade Social para a cobertura de riscos derivados de accidentes de traballo e enfermidades profesionais do persoal do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Persoal. Nº de expediente: 14369/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: selección dunha entidade para a cobertura de riscos derivados de accidentes de traballo e enfermidades profesionais do persoal do Concello de Vigo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: un ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: as cantidades anuais que cotiza o Concello de Vigo polos conceptos IT e IMS.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económico-financeira na forma prevista no artigo 16 b.1 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a exisida na cláusula VI do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 10 de outubro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde