Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2001 Páx. 13.813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-393).

Por resolución desta Alcaldía 4858/2001, con data do 20 de setembro de 2001, acordouse aprobar inicialmente o Plan parcial do SUP 2-R Meixón Frío, en Liáns.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas tódolos días laborables polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 1 de outubro de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta