O Concello Pleno, na sesión que tivo lugar o día 13 de setembro de 2001, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do PXMO no ámbito do SUNP D-18-R, no Pazo do Río-Liáns, tramitado por Freixo y Ameneiro, S.L.
Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas tódolos días laborables polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG,
prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.
Oleiros, 4 de outubro de 2001.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta