Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2001 Páx. 13.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (3/2001).

Asunto: aprobación definitiva das bases e estatutos do polígono G2.01 (Ronda de Monte Alto) do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña.

A comisión de Goberno Municipal, en sesión celebrada o día 24 de agosto de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente as bases e estatutos presentados pola comisión xestora do polígono G2.01 (Ronda de Monte Alto) do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente coas modificacións nas bases que se sinalan a continuación:

Quinta.-Criterios de valoración de dereitos:

3. As indemnizacións a favor dos arrendatarios rústicos e urbanos fixaranse de acordo co previsto na Lei de expropiación forzosa, lexislación de arren

damentos, artigo 137 do Regulamento de xestión urbanística, criterios dos xurados provinciais de expropiación avalados pola xurisprudencia do tribunal supremo e máis concretamente en arrendamentos urbanos teranse en conta: a) dificultade de substitución do arrendamento en condicións análogas e especialmente a derivada da diferencia de rendas, b) gastos de traslado, c) valor das melloras realizadas no immoble cando a súa percepción corresponda ó arrendatario.

Segundo.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, advertíndolles que poderán solicita-la incorporación á xunta de compensación no prazo dun mes contado a partir da presente notificación mediante escrito presentado ante a propia comisión xestora ou ante este concello.

Terceiro.-Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se xunta, facultando a comisión xestora e no seu nome a César Pérez Maldonado, como secretario dela, para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

Cuarto.-Adverti-la comisión xestora de que, unha vez vencido o prazo dun mes ó que se refire o punto segundo precedente, e unha vez feita un a declaración de firmeza por esta Administración, deberá de proceder á constitución da xunta de compensación con citación dos propietarios que solicitasen a súa incorporación, para o que dispón dun prazo máximo de tres meses contados desde a citada declaración de firmeza.

Quinto.-Designar como representante municipal no órgano rector da xunta a Carlos Hernández López.

Sexto.-Requirir-la comisión xestora, e no seu nome a César Pérez Maldonado, para que ingrese na caixa municipal en concepto de depósito previo correspondente a liquidación da taxa por tramitación do expediente, a cantidade de catrocentas trinta e oito mil catrocentas dez (438.410) pesetas, advertíndolle que sen a xustificación de ingresa-la dita cantidade non se poderá dar trámite ó proxecto de compensación.

O que se publica para xeral coñecemento indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á súa publicación. Non obstante pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a alcaldía-presidencia no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fora expresa, e noutro caso no de seis meses contados da desestimación presunta do recurso de reposición, isto é a partir do mes de interpolo.

A presente publicación terá tamén os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para aqueles supostos de interesados ós que non poida serlles practicada a notificación persoal.

Comunícase asi mesmo que a solicitude de adhesión á xunta de compensación deberá acompaña-los títulos que posúan e declara-las situacións xurídicas que afecten ós seus predios.

No caso dos titulares dun dereito de arrendamento ou algún outro sobre un inmoble, requírese os mesmos para que no prazo dun mes presenten ante a comisión xestora, con domicilio na avda. de Alfonso Molina nº 5 baixo exterior, teléfono 981 15 04 88, ou ante o concello a documentación xustificativa de tal dereito.

A Coruña, 4 de setembro de 2001.

Alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda