Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2001 Páx. 13.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público de subministracións de mobiliario clínico, polo procedemento aberto e trámite urxente. (C.P. 12/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais na Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio), convoca o seguinte concurso público:

Expediente: C.P. 12/2001.

Obxecto: adquisición de mobiliario clínico.

Orzamento: 18.000.000 de pesetas (108.182,18 euros), IVE incluído; desagregado nos seguintes lotes:

Lote nº 1: 50 camas hospitalarias, con colchón e almofada (15.500.000 pesetas).

Lote nº 2: 50 mesas de noite (2.500.000 pesetas).

Os licitadores poderán concorrer a un ou á totalidade dos lotes.

Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso público, polo trámite urxente.

Prazo de execución: 30 días, mellorables polo licitador.

Admisión de variantes: ata dúas.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver punto 18 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: 1) Composición, características técnicas e funcionais do material, ata 40 puntos. 2) Prazo de entrega; prazo de posta en servicio; servicio técnico e prazo de garantía; ata 25 puntos. 3) Importe económico, ata 25 puntos. 4) Outras melloras non esixidas nos pregos, ata 10 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares técnicas e demais documentación complementaria

poden ser solicitados no Servicio de Compras do Hospital Cristal-Piñor; rúa Ramón Puga, 52 (edificio de administración-planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 14 horas, agás sábados. Para consultar datos: www.sergas.es.

Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Presentación de proposicións: presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Cristal-Piñor, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á dirección de Recursos Económicos do complexo hospitalario, ás 9 horas do oitavo día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento será por conta do adxudicatario.

Ourense, 10 de outubro de 2001.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Servicio Galego de Saúde