Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2001 Páx. 13.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2001 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, para a contratación dunha subministración que ten por obxecto a adquisición de diverso equipamento informático para o Instituto Galego de Estatística.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico Xurídico e de Contratación.

Nº de expediente: 626.1/06.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración de equipamento informático, coa seguinte desagregación en lotes (ver prego de prescricións técnicas):

Lote 1: ordenadores persoais.

Lote 2: impresoras.

Lote 3: software.

b) Número de unidades que se van entregar: ver prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes: tres (3) lotes.

d) Lugar de entrega: IGE, complexo administrativo San Lázaro, San Lázaro s/n, Santiago de Compostela.

e) Prazo de entrega: quince (15) días, contado a partir da formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 5.100.000 pesetas (30.651,62 euros), coa seguinte desagregación:

Lote 1: 2.400.000 pesetas, 14.424,29 euros.

Lote 2: 1.200.000 pesetas, 7.212,15 euros.

Lote 3: 1.500.000 pesetas, 9.015,18 euros.

5. Garantías:

Provisional: 102.000 pesetas, (613,03 euros), coa seguinte desagregación:

Lote 1: 48.000 pesetas, 288,49 euros.

Lote 2: 24.000 pesetas, 144,24 euros.

Lote 3: 30.000 pesetas, 180,30 euros.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Negociado de rexistro do IGE.

b) Domicilio, localidade e código postal: complexo administrativo San Lázaro, San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, CP 15703.

c) Teléfono e fax: teléfono 981 54 13 21 e fax 981 54 13 23.

d) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet, no seguinte enderezo: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=756.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non existe.

Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de oito (8) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no rexistro do IGE, das 9 ás 14 horas ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

No caso de que as proposicións se envíen por correo, haberá que aterse ó disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Admisión de variantes: admítense variantes sobre a configuración dos equipos informáticos.

10. Apertura de ofertas económicas: o sexto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións, ás doce (12) horas nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2001.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística