Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2001 Páx. 13.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do estudio informativo do corredor Santiago de Compostela-Bertamiráns-Brión. Corredor p.k. 0+000 a p.k. 12+165,741. Vía urbana p.k. 0+000 a p.k. 5+742,412. (Clave AC/99/42.0).

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 10 de agosto de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do estudio informativo do corredor Santiago de Compostela-Bertamiráns-Brión. Corredor p.k. 0+000 a p.k. 12+165,741. Vía urbana p.k. 0+000 a p.k. 5+742,412. Clave: AC/99/42.0, que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Director xeral de Obras Públicas

ANEXO

O artigo 1 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, establece a obrigatoriedade de someter a avaliación de impacto ambiental os proxectos consistentes na realización de obras, instalacións ou actividades comprendidas no seu anexo I.

Dado que o proxecto obxecto desta declaración está incluído no punto 5.2 do citado anexo, procédese a formula-la declaración de impacto ambiental (DIA) do estudio informativo do corredor Santiago de Compostela-Bertamiráns-Brión. Corredor p.k. 0+000 a p.k. 12+165,741. Vía urbana p.k. 0+000 a p.k. 5+742,412. Clave AC/99/42.0.

O estudio informativo analiza varias alternativas de trazado para o corredor Santiago de Compostela-Bertamiráns-Brión e para a vía urbana de conexión coa N-550, cunha lonxitude de 15.608 m na seleccionada e con sección de dúas calzadas e unha amplitude total de 24 m nas dúas vías.

No anexo I resúmese o proxecto e as medidas correctoras e protectoras propostas.

En virtude do establecido no artigo 5, punto 2º do citado decreto, a Dirección Xeral de Obras Públicas, mediante a publicación no BOE do 11 de novembro e no DOG do 15 de novembro de 2000, somete a información pública o citado estudio informativo,

e anúncia a apertura do proceso de información pública, por un período de trinta días hábiles, contados a partir da data de publicación no BOE.

Con data do 26 de xullo de 2001 recíbese nesta dirección xeral o expediente ambiental remitido pola Dirección Xeral de Obras Públicas, no que se inclúen os informes da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Saúde Pública, Augas de Galicia, e dos concellos de Santiago de Compostela, Ames e Brión. No anexo II resúmense os anteditos informes. Así mesmo, durante o proceso de información pública presentáronse alegacións, resumíndose no anexo III as de carácter ambiental.

Unha vez cumprida a tramitación, conforme se establece no Decreto 442/1990, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 482/1997, formula a declaración de impacto ambiental do estudio informativo do corredor Santiago de Compostela-Bertamiráns-Brión. Corredor p.k. 0+ 000 a p.k. 12+165,741. Vía urbana p.k. 0+000 a p.k. 5+742,412. Clave AC/99/42.0, nos concellos de Santiago de Compostela, Ames, Brión e Teo (A Coruña), promovido pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

Declaración de impacto ambiental.

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopan os seguintes documentos presentados polo promotor:

-Estudio informativo do corredor Santiago de Compostela-Bertamiráns-Brión. Corredor p.k. 0+000 a p.k. 12+165,741. Vía urbana p.k. 0+000 a p.k. 5+742,412. Clave AC/99/42.0. Outubro de 2000.

-Memoria técnica da prospección arqueolóxica da superficie impactada polas obras do corredor Santiago de Compostela-Bertamiráns-Brión. Febreiro de 2001.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer, pola presente declaración de impacto ambiental, as seguintes condicións ambientais, ademais das incluídas na documentación avaliada, de xeito que se asegure a minoración dos posibles impactos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que existira contradicción entre o estipulado na documentación avaliada e a presente declaración, prevalecerá sempre o disposto nesta última.

A) Ámbito da declaración.

Esta declaración de impacto ambiental refírese o proceso de execución e explotación do estudio informativo do corredor Santiago de Compostela-Bertamiráns-Brión. Corredor p.k. 0+000 a p.k. 12+ 165,741. Vía urbana p.k.0+000 a p.k. 5+

742,412. Clave AC/99/42.0, na súa opción seleccionada no estudio informativo, é dicir Alternativa B + Alternativa C + Vía Urbana R1 + Vía urbana R2, do que se fai unha descrición no anexo I da presente declaración.

B) Condicionado.

1. Protección da atmosfera.

1.1. Sobre a emisión de po e gases.

1.1.1. A maquinaria utilizada na obra cumprirá coa normativa de emisións de aplicación, debendo dispor de documentación acreditativa ó respecto.

1.1.2. Queda prohibida a queima de calquera tipo de material.

1.1.3. Tal e como se reflicte no estudio, minimizaranse as emisións de po á atmosfera durante a fase de construcción, debido á acción da maquinaria e ós movementos de terras, mediante a humectación de vías e zonas de obra durante os períodos de seca e ventos fortes que favorezan a dispersión de finos. Todo iso co fin de que nos núcleos habitados próximos ó lugar onde se realizan as obras non se superen os límites para partículas sedimentables establecidos na lexislación vixente.

1.2. Sobre o ruído.

1.2.1. Adoptaranse as medidas correctoras sinaladas no estudio de impacto ambiental e consistentes na disposición de tres (3) pantallas de protección sonora.

1.2.2. Co fin de comproba-la efectividade das pantallas propostas, e que non se superan os niveis de presión sonora recollidos na Lei 7/1997, de protección contra a contaminación acústica (DOG do 20 de agosto) e, se é o caso, o establecido nas ordenanzas municipais dos concellos afectados, deberán realizarse unha serie de medicións durante as fases de obra e funcionamento. Neste sentido, deberá presentarse unha proposta de plan de control do cumprimento dos límites de niveis sonoros de acordo co indicado no punto 9.2.

2. Protección do solo.

2.1. Procederase a delimita-lo terreo afectado polas obras previo ó comezo efectivo das obras, de xeito que se minimice a afección do proxecto sobre o territorio e restrinxíndose o movemento da maquinaria ás zonas destinadas para o efecto.

2.2. Definiranse os vieiros a utilizar en obra primando o uso do propio trazado fronte ó de vieiros locais preexistentes e, de ámbolos dous, fronte a apertura de novos vieiros. Neste último caso, deberá xustificarse a súa necesidade, así como asegurar que non xeran impactos adicionais e non se localicen sobre zonas vulnerables como poden ser ribeiras, bosques con especies singulares, zonas húmidas, etcétera. Estes vieiros deberán reflectirse en planos a escala 1:5000, segundo o requirido no punto 9.3

2.3. Delimitarase, así mesmo, un espacio destinado á acollida das instalacións auxiliares á obra (parque de maquinaria, zona de almacenamento de materiais, etc.). Deberá localizarse en espacios non vulnerables e estar dotado dos equipamentos necesarios para garantir que non se xeran impactos adicionais a consecuencia do seu funcionamento, e virán reflectidos na documentación solicitada no punto 9.4.

2.4. Non estando previsto no estudio de impacto presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, áridos ou aglomerado asfáltico, estes, necesariamente, serán provistos desde planta ou plantas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións, salvo que se solicite revisión da declaración coa inclusión da planta.

2.5. Os labores de mantemento da maquinaria de obra non apta para circular por estrada realizaranse dentro da zona de mantemento de maquinaria, dispoñendo dos medios necesarios para previr calquera afección ó solo por derrames accidentais. No caso da maquinaria apta para esta circulación, deberán realizarse en talleres autorizados.

2.6. De realizarse almacenamentos temporais de residuos mentres non se produce a súa entrega a xestor autorizado, estes localizaranse dentro da zona de obras en superficies delimitadas e sinalizadas, nas que deberán disporse contedores ou outros medios que se estimen necesarios para evitar afeccións ó solo. Esta zona localizarase nos planos requiridos no punto 9.5.

2.7. A totalidade dos residuos que se xeren a consecuencia da execución e explotación da infraestructura, serán xestionados de acordo coa súa natureza e conforme a lexislación vixente, primando a súa reutilización e reciclaxe fronte ó seu vertido. Os sobrantes de terra, de acordo co proposto na documentación, serán depositados en lugares autorizados por órgano competente.

2.8. Retirarase e amorearase a terra vexetal procedente dos labores de escavación e movementos de terras, tal e como se indica no estudio ambiental, co obxecto de usala posteriormente no proceso de restauración e acondicionamento paisaxístico dos espacios afectados polas obras. Esta zona localizarase nos planos requiridos no punto 9.5.

2.9. Na totalidade das zonas afectadas por movementos de terras e en todas aquelas superficies denudadas que se xeren a consecuencia do desenvolvemento das obras, aplicaranse á maior brevidade posible os procedementos de revexetación.

2.10. A totalidade dos materiais que se precisen deberán proceder de canteiras autorizadas. No caso de que se precise a apertura de canteiras para a execución das obras ou a xeración de vertedoiros para sobrantes do proceso de movementos de terras, solicitaranse previamente as autorizacións correspondentes en aplicación da lexislación vixente.

2.11. Unha vez finalizadas as obras, desmantelaranse tódalas instalacións auxiliares e, no caso de que estas non estiveran localizadas sobre o trazado, restauraranse e restituiranse as súas condicións preoperacionais.

3. Protección das augas e leiros.

3.1. Previamente a calquera afección no dominio público hidráulico, zona de servidume ou policía dos cursos afectados (río Sar, rego Paramuíño, rego dos Pasos, rego de Arneneira e rego do Pego) será preceptiva a autorización administrativa outorgada por Augas de Galicia.

3.2. Queda prohibido o vertido de calquera tipo de material ou substancia ás augas continentais.

3.3. De forma previa á execución das obras, procederase ó replanteo e balizado da zona de traballo no ámbito dos puntos de paso sobre a rede fluvial, co obxecto de evitar afeccións innecesarias ós sistemas fluviais do territorio, quedando expresamente prohibida a utilización de marxes, ribeiras e zonas de servidume como lugar para o depósito de materiais, parques de maquinaria e, en xeral, todas aquelas actividades que supoñan un risco de contaminación das augas ou alteración innecesaria dos ecosistemas asociados.

3.4. Disporanse, nos arredores dos puntos de paso sobre a rede fluvial, sistemas que controlen as potenciais achegas de finos ou outros elementos potencialmente contaminantes das augas a consecuencia das operacións de movementos de terras ou outras operacións de obra. A definición e localización destes sistemas presentarase na documentación solicitada no punto 9.7.

3.5. No deseño dos dispositivos de drenaxe terase en conta a capacidade de acollida dos regos receptores, de forma que as achegas non ocasionen alteracións substanciais nestes. Así mesmo, proxectaranse de xeito que se evite a formación de asolagamentos ou deposicións nos puntos de incorporación á rede natural. Evitaranse os transvases de augas dunhas cuncas a outras. Este deseño tamén deberá asegurar que as obras de drenaxe transversal non produzan erosión, dispoñéndose dispositivos disipadores naqueles puntos onde sexan previsibles estes fenómenos. A achega de auga farase gradualmente ó longo do curso, salvando así un aumento brusco do caudal nunha sección concreta. Estas obras de drenaxe deberán vir reflectidas nos planos requiridos no punto 9.8.

3.6. Evitarase a adopción de pasos tipo marco e tubo. No caso de que isto non sexa posible, adoptaranse as modificacións e/ou medidas precisas para asegurar que non se converten en obstáculos para o remonte da fauna piscícola. Para isto, verificarase no seu deseño, que non se xerarán láminas de auga de pouca profundidade e excesiva velocidade, presentándose o correspondente cálculo hidráulico.

3.7. Deberá desenvolverse un programa de seguimento da evolución da calidade das augas, que abranguerá a totalidade do período de obra e os dous primeiros anos de funcionamento da infraestructura. Igualmente, establecerase un sistema de seguimento sobre a aparición de fenómenos erosivos asociados ás estructuras de drenaxe. Ámbalas dúas cuestións deberán ser incorporadas ó Programa de Vixilancia Ambiental.

4. Protección da vexetación.

4.1. Respectarase sistematicamente todo tipo de vexetación existente que non estea afectada directamente pola execución da obra.

4.2. En fase de replanteo, balizaranse aquelas comunidades vexetais de carácter climácico e interese ambiental presentes no contorno do espacio afectado polo proxecto, co obxecto de evitar danos innecesarios sobre a vexetación.

4.3. Previamente a calquera afección á vexetación de ribeira obterase autorización do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural da Coruña. Así mesmo, para a corta de arboredo realizarase a solicitude de autorización ou a comunicación de corta, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes.

4.4. A eliminación da vexetación da área que se vaia revexetar será sempre mediante sistemas de roza que faciliten a revexetación natural.

5. Protección da fauna.

5.1. Na programación das voaduras deberán considerarse os períodos de reproducción e cría das especies faunísticas presentes, minimizando a súa afección.

5.2. No proceso de definición das estructuras de drenaxe transversal, considerarase como factor de deseño a utilidade destas como punto de paso para a fauna, polo que se recomenda evita-las estructuras tipo tubo ou marco. Considerarase que a totalidade dos sistemas de drenaxe deben servir como pasos en ámbolos dous sentidos para a fauna, prescindirase de estructuras verticais que impidan o retorno, e adoptaranse as medidas complementarias que favorezan a aceptación da fauna á que se destina o paso dificultando a acción dos predadores e dos cazadores furtivos.

5.3. Elaborarase ó mesmo tempo que o proxecto definitivo un estudio da afección concreta da infraestructura sobre a fauna da zona, poñendo especial atención no efecto barreira, tanto para a fauna terrestre como acuática. Deberá implementarse un programa de seguimento destinado a avalia-la eficacia das obras de drenaxe como lugares de paso para a fauna. Incorporarase ó Programa de Vixilancia Ambiental e aplicarase no curso dos dous primeiros anos de explotación do vieiro.

6. Protección da paisaxe.

6.1. Deberase redactar un proxecto de restauración e acondicionamento paisaxístico dos espacios alte

rados polas obras. Nel incluiranse os medios planeados no estudio de impacto ambiental, así como aqueles outros que sexan precisos para dar cumprimento ás medidas planeadas na presente declaración.

6.2. Tamén incorporará as medidas necesarias para a restauración dos espacios onde se sitúen as instalacións auxiliares, zonas de préstamo, de localización de sobrantes e, en xeral, todos aqueles espacios afectados polas obras.

6.3. Deberá ser redactado e aprobado de forma conxunta co proxecto constructivo, debéndose incorporar ó orzamento do proxecto constructivo.

7. Protección do patrimonio.

7.1. Realizarase, ó mesmo tempo que o proxecto de trazado, unha prospección arqueolóxica intensiva da alternativa seleccionada. Neste traballo avaliaranse as posibles incidencias noutros xacementos diferentes dos localizados que puideran aparecer no transcurso desta prospección.

7.2. Así mesmo, este proxecto de trazado, que deberá ser remitido á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para o seu informe, debe estudiar propostas alternativas que minimicen as afeccións estimadas para os elementos seguintes:

-Mirás (GA 15002016).

-Castro de Mirás (GA 15002017).

7.3. Este proxecto debe incluír un plan global de medidas correctoras, que incluirá o control e seguimento arqueolóxico de tódalas fases do proxecto e escavacións e actuacións arqueolóxicas puntuais.

8. Programa de seguimento e vixilancia ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras recollidas no estudio de impacto ambiental e no condicionado da presente declaración. O programa pode permitir detectar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da declaración, permitindo determinar ou cuantificar efectos non previsibles e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Con este fin, adaptarase o programa de vixilancia e seguimento ambiental contido no estudio de impacto ambiental ós novos condicionantes xurdidos da presente declaración, incorporándose ás correspondentes partidas orzamentarias e remitíndoo ó órgano ambiental para a súa avaliación previa ó comezo das obras.

8.1. Tódalas analíticas e medicións deberán ser realizadas por entidade homologada e os resultados deberán estar asinados por un técnico da dita entidade. Así mesmo, e tal e como se estipula no punto 10.4 desta declaración, deberá nomearse un responsable do cumprimento do programa de vixilancia e seguimento ambiental.

8.2. Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá a esta dirección xeral dous (2) exemplares de:

8.2.1. Durante a fase de obras:

a) Mensualmente: cronograma actualizado das obras, xunto cun plano no que se reflicta a zona de actuación prevista para o seguinte mes.

b) Trimestralmente: memoria do seguimento realizado de acordo co programa de vixilancia e seguimento ambiental indicado no punto 9.12, xunto co cronograma actualizado das obras. Indicaranse, de se-lo caso, as variacións producidas con respecto ó proxectado.

c) Antes da emisión da acta de recepción: memoria-resumo da aplicación do programa de vixilancia e seguimento ambiental que reflicta o cumprimento de tódalas medidas correctoras recollidas no estudio así como as impostas na DIA, e en concreto:

-Informe, acompañado de reportaxe fotográfica na que se reflicta o estado da vía e dos traballos de restauración levados a cabo, indicando de se-lo caso as variacións producidas con respecto ó proxectado.

-Estado da restauración, especialmente as zonas de ribeira e onde se leven a cabo plantacións.

8.2.2. Despois da recepción das obras e anualmente durante tres (3) anos:

a) Memoria-resumo do seguimento realizado de acordo co programa de vixilancia e seguimento ambiental solicitado no punto 9.12, no que se inclúan as incidencias producidas e as medidas adoptadas para a súa resolución.

9. Documentación adicional.

Previamente ó comezo do proceso constructivo, o promotor remitirá ó órgano ambiental para a súa avaliación e, se procede, imposición de novas medidas de corrección ou outras adicionais que do dito proceso puideran derivarse, dous (2) exemplares da seguinte documentación:

9.1. Xustificación de que as modificacións realizadas respecto do trazado orixinal a consecuencia do proceso de información pública e que constan no anexo I da presente DIA, non supoñen a xeración de novos impactos de carácter substancial.

9.2. Estudio de previsión de emisións acústicas en fase de explotación axustado ó trazado definido. Definirá o conxunto de medidas correctoras necesarias para asegura-lo cumprimento da condición 1.2 da presente DIA. O control na fase de funcionamento da nova infraestructura que debe integrarse no programa de vixilancia ambiental. As medidas correctoras reflectiranse en planos a escala 1:5000 ou maior detalle.

9.3. Definición e xustificación da localización dos vieiros de obra, xustificando a necesidade de apertura de novos vieiros no caso de que se precisen. Estes vieiros reflectiranse en planos a escala 1:5000.

9.4. Xustificación da localización e equipamentos das instalacións auxiliares precisas para a execución das obras proxectadas. Estas reflectiranse en planos a escala 1/5000 conforme establece a condición 2.3.

9.5. Localización dos lugares de amoreamento da terra vexetal e de residuos, diferenciando os perigosos dos non perigosos. Xuntaranse planos a escala 1/2000, referenciados en coordenadas UTM onde conste a súa localización, conforme establece o punto 2.5 e 2.6.

9.6. Memoria xustificativa da necesidade ou non de creación de zonas de préstamo de materiais e/ou deposición de sobrantes. Xuntaranse os planos a escala 1/5000 e referenciado en coordenadas UTM onde conste a súa localización, conforme establece o punto 2.7.

9.7. Memoria onde conste o deseño e a localización para as balsas de decantación e sistemas antisedimentación destinados a previ-la contaminación das augas superficiais en fase de execución das obras, conforme o especificado no punto 3.4. Xuntaranse os planos a escala 1/5000 e referenciado en coordenadas UTM onde conste a súa localización.

9.8. Xustificación da adecuación das estructuras de drenaxe proxectadas á rede hidrográfica territorial e ó remonte da fauna piscícola, conforme se establece nos puntos 3.5 e 3.6.

9.9. Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de obras, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

9.10. Proxecto de prospección arqueolóxica intensiva e memoria técnica onde se recollan os resultados da dita prospección.

9.11. Proxecto de control e seguimento arqueolóxico do proceso constructivo da nova infraestructura, tal e como se establece no punto 7.

9.12. Programa de vixilancia ambiental conforme establece o punto 8.

9.13. Estudio da incidencia sobre a captación para auga de consumo público que fai o Concello de Brión no río Pego

9.14. Como mínimo 48 horas antes do inicio das obras, remitirase cronograma de obras actualizado.

10. Condicións adicionais.

10.1. A Dirección Xeral de Obras Públicas comunicará a esta dirección xeral a data de comezo de execución das obras.

10.2. Se unha vez emitida esta DIA se manifestase algún outro tipo de efecto, severo ou crítico sobre o medio, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e se corrixan. Do mesmo xeito se poderá proceder no caso de incum

primento total ou parcial das condicións expostas nesta declaración.

10.3. As condicións sinaladas nesta DIA son de obrigado cumprimento. Non obstante, o promotor poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas nesta DIA co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa execución, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan alcanza-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

Nesta circunstancia, o promotor solicitarao, nun prazo máximo dun (1) mes de lle ser notificada a presente declaración, á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas, comunicando o acordo adoptado ó promotor, que non poderá comeza-los traballos antes de contar cunha resolución desta dirección xeral para o efecto.

10.4. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable deste, notificando o seu nomeamento ó órgano ambiental.

10.5. Calquera cambio no proxecto obxecto desta declaración deberá ser comunicado previamente a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, que o avaliará e informará se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

10.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá dictar en calquera momento e para os únicos efectos ambientais, condicionados adicionais ós que constan na presente DIA en función dos resultados que se acaden, tanto no desenvolvemento das obras como durante a explotación, ou ante unha manifestación de calquera tipo de impacto non considerado ata o momento.

10.7. Se unha vez emitida esta DIA se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos e sexan corrixidas.

10.8. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I

Descrición do proxecto e resumo de medidas correctoras

Descrición do proxecto.

O estudio informativo analiza varias alternativas de trazado para o corredor Santiago de Composte

la-Bertamiráns-Brión e para a vía urbana de conexión coa N-550.

Alternativa-A.

Esta alternativa, cunha lonxitude de 7,8 km, ten a súa orixe no p.k. 0+000 na Glorieta de Vidán, confluencia da vía periférica de Santiago de Compostela e desenvólvese sobre a estrada actual C-543 nuns 600 m, ata o p.k. 0+600, salva o regato de Fontecova e o val da Barcia cun viaducto nuns 600 m, continúa por detrás do colexio de educación especial, atravesa o regato de Porto Marelo e os núcleos de Piñeiro e Pedrido, ascendendo cunha pendente do 6% para chegar ó p.k. 3+000 onde se proxecta o enlace de Quintáns, de tipo trompeta, que conecta coa vía urbana no seu treito R1.

Seguidamente, cruza o río Roxos no p.k. 3+400 e a estrada AC-453, ata o Alto do Vento. A continuación descende cunha pendente do 5,90% cara ó val de Fonte de Salgueiroas, onde se atravesa o regato Arneiro e o dos Pasos mediante o viaducto do Vilar, de 650 m de lonxitude.

Finalmente, o trazado cruza a CP-203 e a AC-450, onde se deseña (p.k. 7+500) o enlace norte de Bertamiráns, de tipoloxía diamante, para rematar no p.k. 7+800, que coincide coa orixe da alternativa B e o remate da alternativa C dentro do concello de Ames.

Alternativa-B.

Ten a súa orixe no p.k. 7+900, que coincide co final das alternativas A e C. O trazado atravesa o regato de Arneneira para despois baixar polo val de Lamiña cara ó enlace de Grión.

Continúa o trazado cunha lixeira subida para salva-lo Rego do Pego e a CP-1301, bordeando o núcleo de Gundín ata conectar en intersección coa C-543 no p.k. 12+200.

Alternativa-C.

A súa orixe está no p.k. 0+000, no enlace existente da A-9 en Santiago sur coa N-550. No p.k. 0+500 proxéctase o viaducto de Casal para salvar un regato e o FF.CC.

Entre o p.k. 2+500 e o p.k. 2+800 deséñase o enlace de Pardiñas, que conecta cos treitos R1 e R2 da vía urbana. No p.k. 4+000 sálvase o río Sar cun viaducto de 100 m de lonxitude. No p.k. 5+500 prevese o enlace leste de Bertamiráns, situado a uns 1.200 m do núcleo urbano e na C-543.

O trazado continúa descendendo cara ó val do Vilar e atravesa o regato dos Pasos no p.k. 6+500 ata chegar ó enlace norte de Bertamiráns.

Finaliza esta alternativa no p.k. 7+900, que é o punto de confluencia das alternativas A, B e C.

Alternativa-D.

A súa orixe está no p.k. 0+000 e coincide co da alternativa C. No p.k. 2+300 sálvase o regato

de Paramuíño, situándose a continuación o enlace de Pedrouzos, que conecta coa vía urbana no seu treito R3 para chegar á N-550 nas Galanas.

No p.k. 2+600 crúzase o FF.CC. Desde o p.k. 5+000 ata o p.k. 6+200 discorre en paralelo á nova variante de recente construcción da CP-205, que une Bertamiráns coa N-550.

No p.k. 6+500 proxéctase o enlace de Cortés, situado a 2 km do núcleo de Bertamiráns. Ó chegar ó p.k. 7+200 crúzase o río Sar mediante un viaducto de 100 m.

A partir do p.k. 7+500 comeza un pequeno descenso ata chegar ó enlace de Perros, situado no p.k. 8+800, que conecta coa AC-300, que comunica a N-550 cos Ánxeles.

No p.k. 9+700, atravésase o val do regato de Sanín mediante viaducto de 150 m e segue ata acada-la intersección de Gundín coa estrada C-543 cara a Noia (p.k. 11+400).

Vía urbana: treito R1.

Ten a súa orixe no p.k. 0+000 no enlace de Quintáns da alternativa A. No p.k. 0+500 cruza sobre a actual C-543 na intersección de Roxos.

No p.k. 1+500 pasa sobre o río Sar, para despois atravesa-lo núcleo de Pardiñas de Arriba. O remate do treito está no p.k. 2+300, que coincide coa orixe do treito R2, situado no enlace de Pardiñas correspondente á alternativa C.

Vía urbana: treito R2.

Ten a súa orixe no p.k. 2+300. Cruza o regato de Paramuíño na zona de Raxeira cunha rampla do 3,7% para libra-lo FF.CC. cun paso inferior no p.k. 3+500. Remata no enlace de Pedrouzos da alternativa D, no p.k. 3+600, que coincide coa orixe do treito R3.

Vía urbana: treito R3.

Ten a súa orixe no p.k. 3+600 que se sitúa no enlace de Pedrouzos da alternativa D.

O trazado desenvólvese paralelo ó regato de Paramuíño nos primeiros 500 m, para despois cruzar nun paso moi axustado no p.k. 4+600 entre a urbanización As Mimosas e uns chalés de recente construcción, situados na outra marxe da estrada CP-206. Unha vez pasada esta zona descéndese para alcanza-la zona das Galanas, sobre a N-550. Remata o treito no p.k. 5+742 cunha glorieta.

Seccións tipo.

Corredor e vía urbana:

-Beiravías exteriores: 2 x 2,50 m.

-Calzadas: 2 x 7,00 m.

-Beiravías interiores: 2 x 1,50 m.

-Mediana: 5,00 m (incluíndo beirarúas interiores).

-Largo total: 24,00 m.

Ramais bidireccionais de enlaces:

-Beiravías exteriores: 2 x 2,50 m.

-Calzada: 7,00 m.

-Largo total: 12,00 m.

Ramais unidireccionais de enlace:

-Beiravía dereita: 2,50 m.

-Calzada: (4,00 + s) m.

-Beiravía esquerda: 1,00 m.

-Largo total: (7,50 + s) m.

Variantes de estradas:

-Beiravías: 2 x 1,50 m.

-Calzada: 2 x (3,50 + s) m.

-Ancho Total: (10,00 + s) m.

Camiños de servicio:

-Calzada: 5,00 m.

Modificacións introducidas unha ez rematada a información pública.

Como consecuencia da análise dos informes, observacións e alegacións presentadas durante a exposición pública do estudio informativo do corredor Santiago de Compostela-Bertamiráns-Brión. Clave AC/99/42.0, proponse que na redacción dos proxectos de trazado e/ou constructivo se deben ter en conta as seguintes prescricións respecto do estudio informativo inicialmente aprobado:

-Na atención as alegacións formuladas polo Concello de Santiago de Compostela e os veciños afectados, estudia-lo tramo do enlace de Pardiñas, entre os p.k. 2+200 e p.k. 3+500, para minimiza-la afección á rega, as vivendas e o patrimonio arqueolóxico.

-O enlace de Brión (p.k. 9+000 do corredor) poderá ser situado no futuro, sempre que así se aprobe no planeamento do Concello de Brión, que deberá incluí-las conexións viarias precisas. Así mesmo, análise da posible ampliación dos viaductos situados entre os p.k. 9+400 e p.k. 10+000 do corredor, atendendo á súa funcionalidade e á adecuación ambiental ó contorno.

Na vía urbana estudia-la inclusión dun novo enlace coa vía urbana, no p.k. 4+400 que dea servicio tanto á vía urbana das Mimosas, como á de Ventín, se así se aproba no planeamento do Concello de Ames.

Medidas protectoras e correctoras.

-Control do movemento da maquinaria: deberá limita-los seus movementos ós camiños existentes e as zonas estrictamente de obras.

-Localización de zonas de préstamos e vertedoiros: tódolos excedentes xerados serán trasladados a vertedoiros autorizados. Os materais deberán proceder de canteiras autorizadas.

-Control de operacións molestas: evitarase o emprego de maquinaria ruidosa en período nocturno ou a iluminación excesiva. Non se eliminará vexetación durante o período de reproducción da fauna.

-Localización de construccións e parque de maquinaria: situaranse fóra das zonas de maior riqueza agrícola e ecolóxica. Previamente á esplanación procederase ó seu valado. Ó final das obras restauraranse estas zonas.

-Balsas de decantación: disporanse de xeito que filtren as augas contaminadas antes do seu vertido á rede de drenaxe natural.

-Control de accesos temporais: aproveitaranse accesos xa existentes.

-Protección dos recursos arqueolóxicos: balizarase a obra para evitar que o movemento da maquinaria non afecte os xacementos. Deberase adapta-lo trazado para minimiza-los impactos sobre varios xacementos.

-Barreiras de retención de sedimentos: instalaranse barreiras para evitar que os sedimentos poidan chegar ós cursos de auga.

-Control das emisións de po e partículas: aplicaranse regas periódicas naquelas zonas onde se realicen esplanacións e movementos de terras.

-Medidas contra incendios: disporanse equipos de extinción.

-Adecuación e protección de leitos: deberase deseñar un sistema de drenaxe transversal que garanta a permeabilidade da rede de drenaxe. Será preceptiva a restauración dos leitos afectados.

-Retirada e amoreamento de terra vexetal: nos terreos afectados polos movementos de terras retiraranse os primeiros 20 cm de terra só para ser reempregada na restauración. Estas terras amorearanse en montóns de non máis de 2 m de altura, situadas en zonas degradadas.

-Extensión de terra vexetal: estenderase unha capa mínima de 20 cm.

-Restauración da cuberta vexetal: restauraranse tódalas zonas onde se afecte a cuberta vexetal.

-Pasos para fauna: deseñaranse obras de drenaxe transversal que sirvan como pasos para a fauna.

-Barreiras antirruído: instalaranse pantallas preferentemente absorbentes, aínda que nalgunhas zonas será preciso a instalación de pantallas transparentes.

ANEXO II

Resultado das consultas efectuadas

A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural sinala unha serie de cuestións que deben considerarse no proceso de deseño de detalle do proxecto, é dicir, fases do proxecto de trazado e/ou

proxecto constructivo. Estas son as indicadas a continuación:

É preciso que se realicen e estudien en detalle aqueles axustes de cálculo e deseño no que respecta ós sistemas de drenaxe proxectados (tanto lonxitudinais como transversais), de maneira que non se produzan alteracións sobre a rede hidrográfica á altura dos puntos de desaugamento, nin se xeren fenómenos erosivos, asolagamentos ou sedimentacións.

Deberá respectarse o réxime de caudais nos cursos interceptados polo proxecto. Ademais, nas seccións directamente implicadas, certificarase e xustificarase que o fluxo das augas manteña as actuais condicións de velocidade e profundidade da lámina de auga, para o que se establecerán aquelas estructuras que resulten precisas para cumprir co indicado. En todo caso, xustificarase tecnicamente a adecuación das solucións adoptadas ós obxectivos indicados.

Evitarase a adopción de pasos tipo marco evitando a introducción de calquera tipo de barreira non existente na actualidade. Neste caso deberase ter en conta o nivel de bank-full, evitando a súa afección polas obras.

Engaden que debe presentarse un estudio xustificativo, acompañado da axeitada representación gráfica, dos parámetros de deseño das estructuras e sistemas de drenaxe, de maneira que se asegure e xustifique a non xeración dos problemas antes citados. Preferiblemente disporanse estructuras tipo pórtico fronte a marcos ou tubos.

Evitarase o vertido de substancias contaminantes ás augas (cemento, residuos, aceites...). Así mesmo, non se poderá altera-la calidade das augas no que respecta ás súas condicións físico-químicas, cumprindo para iso co establecido na lexislación vixente, é dicir, Directiva 78/659/CEE, RDE 927/1988 e DE 130/1997. Así mesmo e en relación con isto, deberá terse en conta que non se acumularán nos leitos naturais nin nas zonas de servidume terras, residuos, material de construcción ou calquera outro tipo de material ou substancias contaminantes que, a consecuencia de escorrentías ou crecidas, puideran incorporarse ós cursos de auga e evitarase, no posible, o arrastre de sólidos en suspensión e prohíbese o lavado de materiais e utensilios nos ríos ou regatos.

Establecerase un procedemento de vixilancia sobre a posible aparición de fenómenos erosivos ocasionados pola rede de drenaxe. Incorporarase ó programa de vixilancia ambiental e manterase durante a vida útil do proxecto.

Engaden que para afecta-los leitos e o dominio público hidráulico precísase autorización do Organismo de Cunca, salvo no caso de que a dita modificación afecte os ecosistemas fluviais, requírese informe preceptivo da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural segundo o disposto no artigo 77.3º do DE 130/1997. Cando se pretendan realizar cortas de especies arbóreas deberá terse en

conta o disposto no Regulamento de montes, o que implica que terá que facerse a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso. No suposto de que se afecte a vexetación de ribeira solicitarase a correspondente autorización ó Servicio Provincial do MAN, tal e como establece o DE 130/1997.

Para o aproveitamento e utilización de calquera tipo de vexetación nas ribeiras dos ríos e das augas, será precisa autorización previa do Servicio Provincial de Medio Ambiente, en función do establecido no artigo 16 da Lei de pesca fluvial e no artigo 56 do seu regulamento. Para a modificación da vexetación de ribeiras e marxes precisarase dun informe do Servicio Provincial de Medio Ambiente, en función do establecido no artigo 16 da Lei de pesca fluvial e no artigo 56 do seu regulamento.

En atención ó posible efecto barreira da infraestructura respecto da fauna, indícase que as obras de drenaxe transversal deben presentar amplitude suficiente para permiti-lo paso daquela. Recoméndase evitar sistemas de drenaxe tipo marco ou tubo. A totalidade do sistema de drenaxe deberá ser deseñado de tal xeito que servirá como paso bidireccional para a fauna e que calquera animal que caia dentro poderá saír. No caso de non poder instalar pasos axeitados, deberanse considerar medidas compensatorias.

Deberá tenderse ó emprego de infraestructuras e instalacións xa existentes.

Non se poderán depositar nin acumular residuos sólidos no ámbito da zona de obras. No caso de utilizárense canteiras abandonadas ou outros lugares para o almacenamento de residuos, indicarase cáles son e establecerase un programa de actuacións para acondicionar estas zonas acadando unha boa integración co medio. En calquera caso, a totalidade dos residuos xerados tanto en fase de construcción como de explotación, deberán xestionarse de acordo coa súa natureza e a lexislación vixente.

No que respecta ás medidas correctoras, protectoras e compensatorias, deberán desenvolverse e definirse con detalle suficiente. Así mesmo, orzamentaranse, incorporaranse, se procede, ó preceptivo prego de condicións e, por último, incorporaranse ó proxecto como unidades de obra.

A Dirección Xeral de Saúde Pública emite informe favorable, indicando que se deberá ter en conta a incidencia sobre a captación para auga de consumo público que fai o Concello de Brión no río Pego.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural informa o seguinte:

Respecto do patrimonio arquitectónico e etnográfico, sinálase que as obras proxectadas xeran impactos compatibles, polo que non se precisan medidas correctoras. Unicamente se sinala que no caso de que durante as operacións de replanteo se afectase a algún elemento non recollido na memoria técnica da prospección realizada, se lle comunique á direc

ción xeral co obxecto de adopta-las medidas oportunas.

Respecto do patrimonio arqueolóxico, sinala como necesario proceder ó estudio de propostas alternativas que minimicen a afección do Castro de Mirás (GA15002017) e do Xacemento Mirás (GA15002016).

En fase de realización do proxecto de trazado, deberá realizarse unha prospección arqueolóxica intensiva, onde se terán en conta as medidas correctoras propostas neste informe na memoria avaliada. Así mesmo, avaliaranse os posibles impactos sobre outros xacementos que puideran aparecer no transcurso da prospección intensiva.

O proxecto de trazado remitirase á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para o seu informe vinculante. Este proxecto deberá conter un plan global de medidas correctoras onde se incluirá un procedemento de control e seguimento arqueolóxico aplicable ás fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos, por unha parte e, por outra, incluiranse tamén os procedementos de escavación e intervencións puntuais nos xacementos, e/ou o seu contorno, que resultasen afectados.

En cada unha das fases a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección.

Tódalas actuacións arqueolóxicas deberán ser realizadas por técnicos arqueólogos, de acordo cun proxecto presentado que deberá ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, tal e como se estipula no artigo 61 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia e no Decreto 199/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia. O deseño do proxecto farase en coordinación con esta Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

En virtude da citada Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia os traballos arqueolóxicos faranse con cargo ó financiamento do proxecto.

O Organismo Augas de Galicia considera conveniente que se solicite a autorización das estructuras de drenaxe na fase de proxecto constructivo, contendo un estudio específico sobre a adecuación destas obras, xunto cos dos preceptivos planos e descrición suficiente dos elementos constructivos que se van executar.

No dito estudio, incluirase un informe sobre a capacidade de desaugamento das estructuras de drenaxe, tanto transversais como lonxitudinais. Para os cálculos de enchentes poderanse utiliza-los métodos propostos nas instruccións de estradas 5.1 e 5.2, adoptando un período de retorno de 25 anos para o caso do drenaxe lonxitudinal e de 100 e 500 anos para o caso das estructuras de drenaxe transversal.

Comprobarase que para un caudal de avenida con período de retorno de 500 anos, a lámina de auga

resultante quedaría sempre por debaixo da cota da rasante da calzada.

Así mesmo, apunta que, no seu momento, se solicitará autorización a este organismo para a realización das obras.

A Demarcación de Estradas do Estado en Galicia emite informe coas seguintes prescricións:

-A alternativa D considérase a máis axeitada como alternativa á N-550 por producirse menos percorridos adicionais á variante do Milladoiro.

-No proxecto constructivo analizaranse con detalle as conexións coa N-550, en especial no enlace das Galanas, debido á elevada IMD que soporta.

-Elaborarase unha proposta de convenio para a conservación e explotación dos enlaces coa N-550. A sinalización que se instalará nesta vía será sometida a aprobación desta demarcación, todo isto en cumprimento da lexislación vixente.

O Concello de Santiago de Compostela, aínda que considera correcto o trazado, sinala que antes da aprobación definitiva deberán estudiarse con máis detalle os seguintes puntos:

-Interconexión coa N-550 e coa estrada.

-Viaducto do Casal.

-Nó de Pardiñas.

O Concello de Ames emite informe no que presenta as seguintes alegacións:

-Que se inclúan dentro do ramal de conexión co Milladoiro tres enlaces nos puntos seguintes:

* Conexión ó leste das Mimosas coa rede provincial e local.

* Conexión en Ventín coa rede local.

* Conexión ó oeste de Moniña coa vía de acceso a Fraíz e Moniña.

-Que se manteña o trazado dentro da banda de fluctuación prevista para evitar afeccións ás vivendas colindantes.

-Que se extremen as precaucións ambientais.

-Se axilice a súa construcción, a súa conversión en autovía e a súa prolongación ata Noia.

O Concello de Brión considera a alternativa D a máis axeitada para o desenvolvemento do concello de Brión, porque afecta en menor medida ós usos do solo, á accesibilidade territorial dos núcleos e soluciona a interconexión co solo industrial da zona de Perros.

Nembargantes, non se opoñen á construcción da alternativa elixida, senón que propoñen unha serie de modificacións para mellorala:

-Prolongación dos dous viaductos ata convertelos nun co fin de liberar un terreo de gran valor ecolóxico e mellora-la permeabilidade territorial entre o núcleo de Brión e as zonas de Alqueidón e Bastavales.

-Recolocación do enlace de Brión, modificando o seu dimensionamento e parámetros técnicos así como a súa situación en terreos de monte.

-Garantir un gálibo mínimo de 7 ou 8 metros.

-Por último sinalan que a alternativa B tería que cconsidera a construcción dunha nova vía urbana desde Brión a Perros, para o que sería preciso a sinatura dun convenio entre o Concello e a CPTOPV.

ANEXO III

Resumo de alegacións de carácter ambiental

Manuel Mariño Abeijón manifesta o seu rexeitamento ó trazado proxectado na zona dos Ánxeles por afectar a varios predios da súa propiedade, nun dos cales está a súa vivenda, co que a contaminación acústica será maior, polo que solicita a súa modificación.

Arturo Vidal Troyano expón ser propietario dun predio no lugar de Pardiñas (Laraño), onde ten a súa vivenda, que se verá moi afectada pola construcción da rotonda de Pardiñas, así como pola vía cara a Brión. Fai unha serie de alegacións en canto ó ruído, perigosidade, polución, impacto paisaxístico, accesibilidade, illamento entre veciños actuais, depreciación dos terreos e deterioración da calidade de vida. Propón a modificación do trazado desprazándoo cara ó sur con base nas seguintes razóns:

-A grande cantidade de tráfico provocará ruído altamente molesto,

-O risco de accidentes e saída da estrada.

-Debido a este tráfico tamén se producirá contaminación tanto atmosférica como polos residuos sólidos e líquidos que xerará,

-O impacto da vía reducirá sensiblemente a calidade paisaxística da zona.

Francisco J. Noya Moscoso sinala ser propietario do predio 26 do polígono 1 de San Martiño de Laraño, afectado pola alternativa C na zona do enlace de Pardiñas. Solicita o desprazamento do trazado uns 100 m cara ó sur, de forma que ocupe a parcela comunal 17 con base nas seguintes razóns:

-A grande cantidade de tráfico provocará ruído altamente molesto,

-O risco de accidentes e saída da estrada,

-Debido a este tráfico tamén se producirá contaminación tanto atmosférica como polos residuos sólidos e líquidos que que xerará,

-O impacto da vía reducirá sensiblemente a calidade paisaxística da zona.

Manuel Martínez Vilacoba e 31 veciños máis indican ser veciños de Ortoño (Ames) e que o proxecto afecta a predios da súa propiedade, camiños e traídas veciñais, así como canles de rega, polo que solicitan que no desenvolvemento do proxecto se considere a reposición dos servicios afectados.

Vladimir Sieyro Boxer sinala ser dono da parcela nº 479 de San Pedro de Bugallido, onde está construíndo a súa casa, que resulta afectada polo entroncamento entre a alternativa D e o enlace entre os ramais R2 e R3, afectando tamén ó río Paramuíño, canalizándoo ó longo de 800 m, polo que solicita se modifique o trazado da via R2 afastándoa 10 m cara ó leste.

Jaime Rey Pérez e 4 veciños máis sinalan ser titulares dunha mina de auga potable que surte ás súas viviendas. Engaden que o trazado da alternativa C no contorno da glorieta das Galanas afecta directamente á citada mina de auga e, ademais, pasa entre dúas vivendas separadas por unha distancia de 20 m, partindo pola metade a aldea de Pardiñas de Abaixo, afectando ademais a unha zona de natureza urbana, cos evidentes prexuízos para os propietarios dos predios estremeiros coa vía.

A vía suporá un incremento do ruído, dos riscos de accidentes, da polución e do impacto paisaxístico, cambiando o ambiente drasticamente.

Sinalan que a uns 80 m ó sur existe un sitio libre para o paso da via. Solicitan a modificación do trazado no sentido sinalado.

Mario Cela Cela e dous veciños máis sinalan que no contorno do enlace de Pardiñas, a vía pasa entre dúas vivendas e secciona a aldea de Pardiñas de Abaixo, sinalando que a uns 80 m ó sur existe un sitio libre para o paso da vía. Así mesmo, sinalan que se afecta a unha traída veciñal de augas.

A vía suporá un incremento do ruído, dos riscos de accidentes, da polución e do impacto paisaxístico, cambiando o ambiente drasticamente.

Solicitan a modificación do trazado no sentido sinalado.

Concepción Rodríguez García, do BNG de Brión sinalan que o EIA non recolle o elemento GA15013005 (Castro de Castrigo) incluído no inventario do patrimonio cultural de Galicia, polo que goza de protección integral. Propoñen, para este e para tódolos bens arqueolóxicos, a modificación do trazado ou a súa escavación e conservación, así como o estudio detallado das obras de infraestructuras complementarias e a modificación dos orzamentos para levar a cabo as medidas correctoras precisas.

Non se avalía o caudal dos regos intermitentes, que poden anega-la vía en episodios excepcionais.

Non se estudia con suficiente precisión o substrato xeolóxico.

Aínda que se recoñece que o impacto paisaxístico será significativo, considérase que a reforestación será suficiente, sendo o impacto no concello de Brión severo, sen que se aluda a el.

Con base en todo isto, propoñen que o trazado se desvíe por Barreiros, por detrás das Torres de Altamira e montes de Viceso ata as proximidades de Urdilde, no concello de Rois.

Pilar Candocia Pita, do BNG de Ames, sinala que se ignora no estudio o impacto derivado da reorganización espacial do territorio que levan aparelladas as obras deste tipo.

Engade que non se prevén os accesos imprescindibles ás Mimosas e Polígono Industrial do Milladoiro.

Non se avalía o caudal dos regos intermitentes, que poden anega-la vía en episodios excepcionais.

Non se estudia con suficiente precisión o substrato xeolóxico.

Aínda que se recoñece que o impacto paisaxístico será significativo, considérase que a reforestación será suficiente, sendo o impacto no concello de Brión severo, sen que se aluda a el.

Sinalan que no EIA non se explicita a categoría legal de protección que lle corresponde a cada un dos bens arqueolóxicos presentes, afectándose gravemente ós xacementos 15002016 e 15002017. Propoñen, para este e para tódolos bens arqueolóxicos, a modificación do trazado ou a súa escavación e conservación, así como o estudio detallado das obras de infraestructuras complementarias e a modificación dos orzamentos para levar a cabo as medidas correctoras precisas.

María J. Villaverde Mosquera solicita que se modifique o trazado ó seu paso por Brión para ajustalo das vivendas debido á contaminación atmosférica e evitar afecta ó val do río Pego.

Nuria Serrano Téllez e 52 veciños solicitan a inclusión no proxecto de barreiras de protección sonora en ambas maxes da vía ó seu paso por Pedrouzos, así como a implantación de vexetación arbórea ó longo das marxes de todo o trazado.

Manuel Rumbo Noya expón ser propietario dun predio no lugar de Pardiñas (Laraño), onde ten a súa vivenda que se verá moi afectada pola construcción da rotonda de Pardiñas, así como pola vía cara a Brión.

Realiza unha serie de alegacións en canto ó ruído, perigosidade, polución, impacto paisaxístico, accesibilidade, illamento entre veciños actuais, depreciación dos terreos e deterioramento da calidade de vida.

Propón a modificación do trazado desprazándoo cara ó sur con base nas seguintes razóns:

-A grande cantidade de tráfico provocará ruído altamente molesto,

-O risco de accidentes e saída da estrada,

-Debido a este tráfico tamén se producirá contaminación tanto atmosférica como polos residuos sólidos e líquidos que xerará,

-O impacto da vía reducirá sensiblemente a calidade paisaxística da zona.

Marina Gómez Santiago e 463 alegantes máis alegan que o estudio informativo e o EIA presentan múltiples imprecisións e erros, segundo se resume a continuación:

-A reorganización espacial suporá un impacto territorial importante ó illar parroquias e núcleos, impedindo unha continuidade edificativa.

-Non se valoran, nin económica nin ambientalmente, os prexuízos provocados a zonas edificadas ou de interese paisaxístico.

-A afección a caudais é estudiada e avaliada de forma imprecisa, igual que ocorre co estudio do sustrato xeolóxico.

-Non se teñen en contan datos de clima como son os días de néboa, que dificultarían gravemente a circulación.

-Faise unha valoración insuficiente do impacto paisaxístico e as medidas correctoras para superalo.

-Considera a vía como actividade molesta e nociva en zonas urbanizadas próximas que afectarán incluso ó colexio de Pedrouzos.

-En canto ó patrimonio arqueolóxico, sinalan que o EIA non recolle o elemento GA155013005 (Castro de Castrigo), incluído no Inventario do patrimonio cultural de Galicia polo que goza de protección integral. Propoñen, para este e para tódolos bens arqueolóxicos, a modificación do trazado ou a súa escavación e conservación, así como o estudio detallado das obras de infraestructuras complementarias e a modificación dos orzamentos para levar a cabo as medidas correctoras precisas.

-Con base en todo isto, propoñen que o trazado se desvíe por Barreiros, por detrás das Torres de Altamira e montes de Viceso ata as proximidades de Urdilde no concello de Rois.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2001.

Gerardo Pallares Sánchez

Subdirector xeral de Estradas