Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2001 Páx. 13.804

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2001, do Servicio Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de construcción das obras de alargamento e mellora da estrada LU-612, Lugo-Portomarín, treito: río Ferreira-Portomarín, clave: N/LU/90.4.3.2, termo municipal de Portomarín.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotacións de estradas.

Con data do 4 de xullo de 2001 procédese á aprobación do proxecto de construcción da obra de alargamento e mellora da estrada LU-612, Lugo-Portomarín, treito: río Ferreira-Portomarín, clave: N/LU/90.4.3.2, termo municipal de Portomarín, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 7 de setembro de 2001, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 234/2001, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 191, do 2 de outubro.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no lugar, data e hora que se citan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Portomarín.

Data: 14 de novembro de 2001.

Horario: das 10 ás 12 horas.

De: Castaño Vázquez, Eduardo a Vázquez Pérez, Gerardo.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán expostos no Concello de Portomarín e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Lugo (Ronda da Muralla, 70-1ª planta), 27071 Lugo.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade, DNI e o último recibo da contribución; poden acompañarse, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no BOE ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Pro

vincial de Estradas da Xunta de Galicia en Lugo, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Lugo, 3 de outubro de 2001.

Carlos Escudero Vigil

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas de Lugo