Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2001 Páx. 13.793

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (832/2000).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fago saber que neste Xulgado do Social se segue procedemento nº 832/2000, por instancia de María Jesús Herbella Rivero, contra Westy S.C.; José Antonio Calviño Suárez e María Dolores López Buján, sobre cantidade, estando o acto de conciliación e xuízo sinalado para o próximo día 24 de outubro de 2001 ás nove horas e corenta minutos, cítase en única convocatoria a empresa Westy S.C.; José Antonio Calviño Suárez e María Dolores López Buján, que tivo o seu domicilio na Vía Marconi nº 3 do polígono do Tambre, en Santiago de Compostela e rúa das Mulas nº 26 da mesma localidade, e hoxe en paradoiro ignorado para que, acompañado de tódolos medios de proba de que se tente valer, compareza neste xulgado, sito na r/ Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á celebración do acto de conciliación e xuízo correspondente. Advírteselle que as sucesivas dilixencias se lle notificarán

neste xulgado, salvo aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral e fáiselle saber que a copia da demanda está ó seu dispor na secretaría deste xulgado. É requirido, co fin de que achegue ó acto de xuízo follas xustificativas do pagameno de salarios, boletíns de cotización á Seguridade Social e libro de matrícula. Cítase, así mesmo, un representante legal da referida empresa cos apercibimentos do art. 91.3º da Lei de procedemento laboral, en relación co art. 304 da LAC en relación co art. 292 da menciondada lei.

E para que conste e sirva de notificación, citación e requirimento a Westy S.C., José Antonio Calviño Suárez e María Dolores López Buján, expídese o presente edicto en Santiago de Compostela, o 20 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado