Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2001 Páx. 13.793

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

EDICTO (649/2000).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 649/2000 por instancia de José Sánchez Varela contra Inem e outra sobre desemprego, nos que recaeu sentencia con data 17-9-2001 copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por José Sánchez Varela deixo sen efecto a resolución do Instituto Nacional de Emprego declarando que o demandante non debe reintegrar ningunha cantidade, condenando o citado organismo a estar e pasar pola presente resolución, absolvendo á empresa Servicios Profesionales Gallegos, S.L. da demanda.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Servicios Profesionales Gallegos, S.L., expido e asino este edicto na Coruña o 17 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado