Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2001 Páx. 13.792

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (228/2001).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dá fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este Xulgado do Social tramitados baixo o número 228/2001 por instancia de Antonio Casal Villar, contra INSS e outros sobre incapacidade derivada de accidente, se dictou a seguinte sentencia:

Na cidade da Coruña o 14 de setembro de 2001. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 228/2001, seguidos por instancia de Antonio Casal Villar, maior de idade, asistido polo letrado Javier Baselga Elorz, contra o INSS, representando e asistido polo letrado Francisco Requejo Gutiérrez; a TXSS, que non comparece; Asepeyo Mutua, representada e asistida polo letrado

Luis González Deus; e a empresa Técnicas Constructivas Mato, S.L., que non comparece, sendo o obxecto da reclamación, incapacidade derivada de accidente.

Seguen feitos e fundamentos de dereito:

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Antonio Casal Villar contra o INSS, a TXSS, Asepeyo Mutua e a empresa Técnicas Constructivas Mato, S.L., absolvendo os codemandados dos pedimentos contidos na mesa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, do que coñecerá no caso a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tal como establece o artigo 188 do texto refundido da lei aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por eta miña sentencia, definitivamente xulgado en primeira instancia, pronúncioo, mandoo e asínoo.

E para que sirva de notificación á empresa Técnicas Constructivas Mato, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino a presente notificación na Coruña o 14 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado