Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2001 Páx. 13.792

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (573/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber:

Que nos autos nº 573/2001 seguidos pola instancia de Aurelio Romero Vázquez contra Galifarma, S.L. e outras, sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 6-9-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por Aurelio Romero Vázquez contra as empresas Galifarma, S.L., Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicacio

nes, S.L. e Isolux Wat, S.A., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante, non sendo posible a readmisión no seu posto de traballo. Debo declara-la extinción da relación laboral entre as partes, condenando as ditas demandadas a que indemnicen ó demandante na suma de 149.305 pesetas mailos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata o 3-7-2001.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar resgardo acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65,requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en avda. Calvo Sotelo, 21-2º dta., A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 6 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado