Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2001 Páx. 13.792

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (996/2000).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber:

Que nos autos nº 996/2000, seguidos a instancia de Helga Cordero Taracido contra Carlos Torio Álvarez (asesores de BBC English) y Salvat Editores, S.L. sobre salarios, a maxistrada xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 30-6-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a excepción de falta de lexitimación pasiva invocada pola empresa Salvat Editores, S.L. e estimando a demanda interposta por María Helga Cordero Taracido, contra a empresa Carlos Torio Álvarez (asesores de BBC English), debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento á demandante na suma de 182.800 pesetas.

Así, por esta miña sentencia, contra a que non cabe recurso, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Carlos Torio Álvarez (asesores de BBC English) que tivo o seu último domicilio coñecido en Ronda de Outeiro, 318, A Coruña, que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 4 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado