Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2001 Páx. 13.791

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (22/2001).

Pilar Cancela Ramírez de Arellano, secretaria do Xulgado do Contencioso-Administraivo número dous da Coruña, dá fe de que no procedemento ordinario nº 22/2001 se dictou resolución, cun encabezamento e parte dispositiva que, copiados literalmente, son do teor seguinte:

«Auto

A Coruña, 6 de setembro de 2001.

S Sª acorda declara-lo arquivo deste recurso contencioso-administrativo, interposto por Andrius Poskus, contra resolución da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, con data do 6-7-2000, por non comparecer en tempo e forma a parte demandante.

Firme esta resolución, arquívese o procedemento.

Notifíqueselles ós interesados mediante publicación no DOG e edictos, e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación admisible nun único efecto, no prazo de 15 días, recurso que deberá interporse ante o xulgado mediante escrito razoado que deberá conte-las alegacións en que se fundamenta o recurso.

Acordouno e asínao Fernando Fernández Leiceaga, maxistrado-xuíz substituto do Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous desta cidade. Dou fe».

E para que conste a para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación a Andrius Poskus, expido e asino este auto na Coruña o 6 de setembro de 2001.

A secretaria

Rubricado