Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2001 Páx. 13.791

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL DE CONTAS (SECCIÓN DE AXUIZAMENTO-DEPARTAMENTO 1º)

EDICTO (A96/2001).

Por medio deste edicto faise público, para dar cumprimento ó acordado polo conselleiro da Sección de Axuizamento do Tribunal de Contas, por providencia con data do tres de setembro de dous mil un, dictada no procedemento de reintegro por alcance nº A96/2001, do ramo de corporacións locais, provincia da Coruña, que no dito tribunal se segue xuízo contable con motivo do posible descuberto producido nos fondos públicos por valor de cincuenta millóns seis mil catrocentas setenta e tres (50.006.473) pesetas, como consecuencia das irregularidades detectadas na xestión recadatoria municipal do Concello de Boiro (A Coruña), no período comprendido entre 1990 e 1996, o cal se fai saber coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión de responsabilidade contable, poidan comparecer nos autos dentro do prazo de nove días.

En Madrid, 3 de setembro de 2001.

O secretario

Rubricado