Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2001 Páx. 13.790

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 8 de outubro de 2001 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso en distintas escalas do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A).

Advertidos erros nos anexos da citada orde, publicada no DOG nº 199, do 15 de outubro, cómpre realiza-las seguintes correccións:

-No anexo I, na escala de arqueólogos; onde di: «Total prazas: 3»; debe dicir: «Total prazas: 2».

-No anexo IV, deben engadirse as seguintes entidades financeiras:

Banco Etcheverría,

Caixa Galicia e

La Caixa

-No anexo VI, onde di: «... ten acreditados os seguintes servicios: ...»; debe dicir: «... ten acreditados os seguintes extremos: ...».