Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2001 Páx. 13.790

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 8 de outubro de 2001 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso en distintas escalas do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B).

Advertidos erros nos anexos da citada orde, publicada no DOG nº 199, do 15 de outubro, cómpre realiza-las seguintes correccións:

-No anexo IV, onde di: «DNI ou CIF»; debe dicir: «DNI/CIF/PASAPORTE».

-No mesmo anexo, débense engadi-las seguintes entidades financeiras:

Banco Etcheverría,

Caixa Galicia e

La Caixa

-No anexo VI, onde di: «... ten acreditados os seguintes servicios: ...»; debe dicir: «... ten acreditados os seguintes extremos: ...».