Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 23 de outubro de 2001 Páx. 13.766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de contratación.

A Comisión de Goberno do Concello de Viveiro, en sesión que tivo lugar o día 8 de outubro do ano que andamos, aprobou o expediente de contratación da obra que a seguir se relaciona:

1. Obxecto do contrato: execución da obra de pavimentación e servicios no Pedregal.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Orzamento base de licitación: quince millóns (15.000.000) de pesetas (90.151,82 euros), de acordo coa seguinte desagregación:

Orzamento de execución material: 10.866.416 pesetas.

Gastos xerais: 1.412.634 pesetas.

Beneficio industrial: 651.985 pesetas.

IVE: 2.068.965 pesetas.

4. Garantías.

a) Provisional: trescentas mil (300.000) pesetas (1.003,04 euros).

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Obtención de documentación: o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas estarán á disposición de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sito nos claustros de San Francisco, avda. de Cervantes, s/n, das 8 ás 15 horas.

6. Prazo de presentación das proposicións: 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no último dos boletíns oficiais (DOG e BOP). No caso de que o décimo terceiro día coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

7. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

8. Máis información: teléfono: 982 56 20 47, das 8 ás 15 horas. Fax: 982 56 31 56. Correo electrónico: viveiro*fegamp.es.

Viveiro, 10 de outubro de 2001.

Justo Vázquez Chao

Alcalde accidental