Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 23 de outubro de 2001 Páx. 13.766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2001 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da asistencia á deputación para a organización e coordinación dun taller de teatro. (Expediente 7858/2001).

Obxecto: asistencia á deputación para a organización e coordinación dun taller de teatro.

Lugar de execución: A Coruña.

Orzamento: 11.000.000 de pesetas (66.111,33 euros).

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: ata as 13 horas do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó de publicación do anuncio no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 16 de outubro de 2001.

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña