Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 23 de outubro de 2001 Páx. 13.765

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da vía de enlace entre as rúas Aragón e Currás (expediente 4234/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 26 de abril de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da vía de enlace entre as rúas Aragón e Currás, así como a relación individualizada de bens e dereitos afectados pola execución do proxecto, presentado pola entidade mercantil Promociones Doralta, S.L., redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e porto Alberto Moreno García e con visado colexial de datas 24-5-2000 e 26-7-2000 (expediente 4234/401).

Segundo.-Antes do inicio das obras e como condición suspensiva dos efectos do presente acordo de aprobación definitiva, a entidade promotora debe

rá presentar un aval polo 100% do orzamento das obras, que ascende a 27.709.234 pesetas, como garantía da súa execución.

Terceiro.-No momento inmediatamente anterior ó do inicio das obras, darase aviso á Oficina de Vías e Obras do concello para efectuar un seguimento destas e colaborar nos problemas que puidesen xurdir. Coa finalización dos traballos, e ó solicita-la súa recepción, facilitaráselle a esta Administración municipal o realmente executado en soporte informático.

Cuarto.-Publíquese o presente acordo no BOP e no DOG. Notifíqueselles ós interesados na forma legalmente establecida. Remítaselle unha copia do expediente ó departamento de vías e obras do concello.

Contra o devandito acordo que pon fín á vía administrativa poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo no prazo dun mes a partir do día seguinte da publicación do presente anuncio.

b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte o da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, LRXAP-PAC, por medio do presente anuncio, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 18 de maio de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo