Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 23 de outubro de 2001 Páx. 13.765

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do concello, mediante acordo adoptado o 21 de maio de 2001, aprobou inicialmente o Plan parcial de ordenación do sector 1 do solo urbanizable non programado número 31 (SUNP-31) de San Marcos, promovido por Inmobiliaria Outeiro de Sar, S.L.

O ámbito obxecto de ordenación está situado na marxe sur da estrada N-634 (Santiago de Compostela-Lugo), no tramo comprendido entre os números 22 e 72 da costa de San Marcos, e na beira norte da rúa do Peregrino (tramo situado fronte ós números 14 ó 47).

En cumprimento do que dispón o artigo 42 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de Planeamento e Xestión, sitas no Pazo de Raxoi, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Este anuncio servirá de edicto de notificación, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a todos aqueles que, por seren descoñecidos ou ignorarse o seu paradoiro, non poidan ser notificados persoalmente e que se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo

ANEXO

Nº parcela

Plan parcial

Nº parcela

concentración

Propietario

1891Construcciones La Rosaleda, S.L.

2892Ramón Quiroga Nogueira

3893Avelino Hermida Díaz e Eddie Barreto Díaz

4894Manuel Millares Dell e Magdalena Guerra Beiroa, e Maximino Noya Suárez e Lourdes Mariño Chapela

5 a 16, 18, 22,

26 e 27

895, 896-1,

898 a 905,

907, 911, 914,

915, 959 e 962

Oudesa, S.L.

17906Flora Dopazo Rodríguez

19908Jesús Pérez Fuente e María, Adelaida, Antonio e Narciso Pérez Montoiro

20909Andrés Torre Seoane e Josefa Rivas Samamé

21910Manuel Sexto Tarrío e María Otero Salvado

23912José Sexto Pazos

24José Sexto Liste

25José Parga Delgado