Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 23 de outubro de 2001 Páx. 13.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-5/2001).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 14 de setembro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle presentado por Promocións Vecino y Bermúdez, S.C., co obxecto de definir rasantes e aliñacións indicadas na cartografía do PXOM, correspondentes a un soar no Martinete, parroquia de San Cristovo das Viñas.

Segundo.-Proceder á publicación deste acordo no DOG e no BOP.

Teceiro.-Notifica-lo interesado.

Cuarto.-Contra este acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

Quinto.-Comunicarllo ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado do expediente administrativo e de dous exemplares do documento, en cumprimento do establecido no artigo 48.3º da LSG.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos neste acordo.

A Coruña, 19 de setembro de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo