Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 23 de outubro de 2001 Páx. 13.763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

CONVOCATORIA de asemblea xeral.

O concelleiro-delegado do Concello de Celanova, Maximino Rodríguez Fernández, designado para actuar en trámites de compensación urbanística para o desenvolvemento e xestión da unidade de execución UE-1 de Celanova, segundo decreto da Alcaldía, do 9 de outubro de 2001, unha vez aprobados definitivamente os estatutos e bases de actuación mediante sucesivos acordos da Comisión de Goberno do 4 de abril de 2001 e do 24 de maio de 2001.

E cumprindo co disposto no artigo 24.1º dos estatutos aprobados, convoca a sesión extraordinaria da asemblea xeral.

Terá lugar na sala de xuntas da Casa do Concello de Celanova o día 25 de outubro ás 10.30 da mañá en primeira convocatoria, e media hora despois en segunda convocatoria, que será presidida polo devandito concelleiro-delegado, asistido do secretario que el sinale e, con asistencia do notario previamente designado, quen elevará a pública a acta de constitución da xunta, conforme o artigo 163 do Regulamento de xestión urbanística, a tódolos propietarios de bens sitos na antedita unidade de actuación, para trata-los asuntos que se inclúen na seguinte orde do día:

1. Constitución da xunta de compensación.

2. Designación do presidente, secretario, tesoureiro, asesor xurídico e arquitecto pola asemblea xeral.

3. Designación da xunta de delegados.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu domicilio, non puideron ser notificados persoalmente.

Celanova, 15 de outubro de 2001.

O concelleiro-delegado

Rubricado