Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 23 de outubro de 2001 Páx. 13.762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2001 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación das subministracións que se citan.

Expediente: 35/2001.

Obxecto: equipamento de mobiliario para a ampliación da Facultade de Ciencias.

Localidade: Vigo.

Importe de licitación: 25.576.360 pesetas, IVE incluído.

Prazo de entrega: 1 mes.

Expediente: 36/2001.

Obxecto: equipamento das pistas de atletismo do Campus das Lagoas-Marcosende.

Localidade: Vigo.

Importe de licitación: 12.014.630 pesetas, IVE incluído.

Prazo de entrega: 1 mes.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº dos expedientes: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto dos contratos:

a) Descrición dos obxectos: a arriba indicada.

b) Número de unidades que se van entregar: as especificadas nos pregos de cláusulas.

c) División por lotes e número:

d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato.

e) Prazo de entrega: os arriba indicados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importes totais: os arriba indicados.

5. Garantías:

Provisionais: 2% dos importes de licitación.

Definitivas: 4% dos importes de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: edificio anexo ó Rectorado, r/ Areal, nº 46-3ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Teléfono: 986 81 35 71.

e) Telefax: 986 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da universidade de Vigo.

2ª Domicilio: Rectorado, edificio anexo, r/ Oporto nº 1, planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Areal, nº 46-1ª planta.

c) Localidade: Vigo, 36201.

d) Data: o terceiro día seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil.

e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

Vigo, 15 de outubro de 2001.

P.D. (Resolución do 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo