Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 23 de outubro de 2001 Páx. 13.762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2001 pola que se anuncia a apertura dunha nova convocatoria para a presentación de solicitudes de outorgamento de concesións administrativas de ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nas instalacións para a náutica recreativa do porto de Cangas.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para o outorgamento de concesións administrativas

de ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nas futuras instalacións para a náutica recreativa do porto de Cangas, establecido na convocatoria publicada, no Diario Oficial de Galicia nº 12, do 17 de xaneiro de 2001, e encontrándose vacantes prazas de amarre, anúnciase, de conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de portos, e en virtude das facultades conferidas pola Orde do 29 de xaneiro de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 28, do 8 de febreiro), sobre delegación de competencias no presidente de Portos de Galicia, a apertura dunha nova convocatoria pública para a presentación de solicitudes para a ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre no porto de Cangas, polo período dun mes contado desde o día seguinte ó de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, que se rexerán polo prego de bases e de condicións aprobados para os efectos, que estarán á disposición dos interesados na sede central do ente público Portos de Galicia,

sita na praza Europa, 5-A, 6ª, 15707 Santiago de Compostela, e na sede da zona sur deste ente público, sita en r/ Benito Corbal, nº 37-3º, 36001 Pontevedra.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente de Portos de Galicia