Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 23 de outubro de 2001 Páx. 13.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2001 pola que se anuncia poxa ordinaria para a contratación das obras de proxecto de construcción dunha planta de tratamento de restos vexetais para o Concello de Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

1.3. Número de expediente: 498/2000.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación do proxecto de construcción dunha planta de tratamento de restos vexetais para o concello de Ourense.

2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do replanteo e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: poxa.

4. Orzamento base da licitaciónl.

4.1. Importe total: 73.861.372 pesetas (443.915,79 euros) IVE incluído.

5. Fianzas.

5.1. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención da documentación e información.

6.1. Entidade: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos.

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar non estean incursas en causa de prohibición ou incompatibilidade, e que teñan a seguinte clasificación; grupo C, subgrupo 2, categoría c.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o último anuncio no BOP ou DOG, das 9 ás 13 horas.

8.2. Documentación que hai que presentar: a que se sinala no artigo 5 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na praza Maior, 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: vinte días, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: os gastos que xere contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 17 de setembro de 2001.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde