Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 23 de outubro de 2001 Páx. 13.725

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Componentes de Vehículos de Galicia, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Componentes de Vehículos de Galicia, S.A., con nº de código 3602392, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 13-8-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 13-7-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta

delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 20 de agosto de 2001.

Luis Boullosa Nores

Delegado provincial de Vigo

Convenio colectivo da empresa Componentes de Vehículos de Galicia, S.A.

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O ámbito territorial do presente convenio colectivo é o centro de traballo da empresa Componentes de Vehículos de Galicia, S.A., situado actualmente no polígono das Gándaras, no concello do Porriño.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afecta o persoal pertencente ó cadro de persoal da empresa, agás os que desempeñen cargos de conselleiros e os contratos de alta dirección ou de alta xestión da empresa.

Artigo 3º.-Vixencia.

A vixencia do presente convenio será a partir do 1 de xaneiro de 2001 ó 31 de decembro de 2002.

Extinguido o período de vixencia, a denuncia deste convenio considérase automática.

En canto non se pacte un novo convenio colectivo manteranse en vigor as cláusulas normativas deste.

Unha vez asinado o presente convenio, a empresa comprométese á publicación e distribución del a todo o persoal.

Artigo 4º.-Prórroga.

As partes asinantes fan constar expresamente que o presente convenio non precisa denuncia previa para a súa total extinción no 31 de decembro de 2002. O presente convenio manterá o contido normativo na súa totalidade ata a sinatura dun novo convenio segundo o artigo 3º.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

A empresa respectará as condicións máis beneficiosas que viñese desfrutando o persoal.

Artigo 6º.-Compensación e absorción.

Terán o carácter de absorbibles e compensables en cómputo anual coas condicións aquí establecidas, as melloras económicas que poidan estar desfrutando os traballadores ou calquera outra que por disposición legal, durante a vixencia deste convenio, puidese establecerse.

Artigo 7º.-Comisión de seguimento e interpretación (paritaria).

Durante a vixencia do presente convenio actuará unha comisión de seguimento e interpretación que, sen prexuízo das atribucións que en cuestión de vixencia teñen os comités de empresa, terá por funcións.

a) Vixilancia do cumprimento do pactado.

b) Actuar como órgano de interpretación, arbitraxe e conciliación, sen prexuízo da posibilidade da reclamación ante a xurisdicción competente segundo a lexislación vixente.

A comisión estará composta por dous membros do comité de empresa que nogociou o presente convenio, en representación dos traballadores, e tres representantes da empresa. Os tres representantes da empresa serán da súa libre elección, sen que ningún caso poidan exceder en número á representación social.

Por acordo de ámbalas partes poderase nomear un presidente entre os membros da comisión.

As normas de funcionamento da comisión determinaraas a propia comisión.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí acordadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa práctica serán consideradas globalmente.

TÍTULO II

Condicións laborais

Artigo 9º.-Cómputo horario anual.

1. O cómputo anual de horas que se realizarán no ano 2001 será de 1.776 horas de traballo. Para

o 2002 o cómputo horario anual será de 1.768 horas de traballo.

2. De ser necesario, para cumpri-la xornada anual establecida no parágrafo anterior, utilizaranse como días de axuste horario os seguintes:

-Para o ano 2001: 2 de novembro e 26, 27 e 28 de decembro.

-Para o ano 2002: as que se determinen dentro do primeiro trimestre do ano 2002.

3. As partes acordan a adscrición ás festas locais do Concello do Porriño. Débese ter en conta que, coa dita adscrición, se un festivo coincide co período de vacacións, este estará incorporado nos días de axuste horario.

Artigo 10º.-Xornada laboral e quendas.

1. A xornada laboral de traballo será de 40 horas semanais de acordo co seguinte cadro horario:

-Primeira quenda: de 6 a 14 horas.

-Segunda quenda: de 14 a 22 horas.

-Terceira quenda: de 22 a 6 horas.

2. As quendas serán rotativas e de luns a venres.

Para o persoal fixo a 1 de xaneiro de 1992, o traballo en quenda de noite terá carácter voluntario.

3. Dentro da xornada laboral establecida enténdense computados 15 minutos por parada de bocadillo diariamente por quenda. A fin de non interrompe-lo proceso productivo e facer rotativo o desfrute de tal descanso, os quince minutos previstos para o bocadillo distribuiranse por quendas do seguinte xeito:

-Quenda de mañá: de 10 a 11 horas.

-Quenda de tarde: de 18 a 19 horas.

-Quenda de noite: de 2 a 3 horas.

4. A xornada ordinaria de traballo para tódolos traballadores da empresa sinalada no primeiro parágrafo do presente artigo dependerá das necesidades de servicio da empresa, polo que, atendendo, entre outros, a puntas de producción xustificada que comunicará debidamente ós representantes dos traballadores, a dirección da empresa poderá ampliala respectándose, en todo caso, os períodos de descanso establecidos na normativa legal de aplicación.

5. No suposto de que por causas xustificadas se realicen máis de 40 horas semanais, o tempo que exceda o mesmo deberase compensar co aboamento das horas extraordinarias que correspondan, a excepción de que se alcance un acordo co traballador implicado, a quen se poderá compensar con descanso dentro dos tres meses seguintes, sendo a equivalencia horaria a do prezo da hora extraordinaria.

6. No suposto de ser necesario por unha necesidade urxente a presencia dun ou varios traballadores nunha quenda distinta ó que tivesen asignada, a dirección da empresa, en aplicación da facultade de organización de que é titular, poderá establecer, por un breve tempo,

non superior a cinco días, unha adscrición distinta. A empresa deberá, en calquera caso, avisar do dito cambio cunha anticipación mínima de 48 horas e respecta-lo descanso correspondente entre xornadas. Estes cambios de quenda non terán a consideración legal de modificación substancial das condicións de traballo.

7. Para o persoal de oficina o horario semanal será de 8 a 14 horas e de 15.30 a 17.30 horas en xornada partida, excepto para o período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, período en que se traballará de 7 a 15 horas en xornada continuada.

Artigo 11º.-Quenda de fin de semana.

Sen prexuízo do establecido no artigo anterior, e con carácter específico, establécese unha quenda especial de fin de semana, a xornada e regulación da cal se determina no anexo número I do presente convenio colectivo, froito do pacto colectivo asinado entre a representación social e a empresarial na data do 28 de setembro de 1999.

Artigo 12º.-Vacacións.

Os traballadores comprendidos no ámbito de aplicación do presente convenio desfrutarán ó longo da anualidade dun total de 31 días naturais de vacacións retribuídas ou, se for o caso, a parte proporcional ó tempo efectivamente traballado durante o período de devengo. Para o ano 2001 desfrutaranse 28 días de forma interrompida, en réxime de quendas, entre o 16 de xullo e o 9 de setembro.

Para completa-los 31 días naturais sinalados no parágrafo anterior fíxanse como días de vacacións o 7, o 24 e 31 de decembro de 2001.

1. Se antes do desfrute das vacacións algún traballador estiver en situación de baixa por accidente, desfrutará as vacacións desde o primeiro día de situación de alta. Se a baixa por accidente durar todo o tempo vacacional, unha vez dado de alta, porase de acordo coa empresa para analiza-lo día de desfrute.

2. A baixa ocorrida unha vez iniciado o período vacacional non interromperá o desfrute delas, non xerándose un novo dereito a tomar outro período de descanso polo tempo que puidese restar.

3. Así mesmo, se unha traballadora en situación de xestante der a luz ou estiver a desfrutar de permiso de maternidade e o parto coincidir co período vacacional, terá dereito ó desfrute del.

4. O tempo transcorrido en situación de incapacidade temporal computarase para efectos de devengo de vacacións pero se, transcorrido o ano, o traballador segue de baixa, isto non impedirá a caducidade daquelas e o novo devengo comezará a partir do inicio do exericio seguinte.

5. Fóra das datas sinaladas, o comité de empresa terá coñecemento escrito dos cambios acordados cos traballadores.

O período vacacional do ano 2002 establecerase por acordo entre os representantes dos traballadores e os da empresa dentro do primeiro trimestre do ano 2002.

Artigo 13º.-Licencias e permisos retribuídos.

1. O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, agás que nos epígrafes correspondentes se diga o contrario, polo tempo seguinte:

-18 días naturais en caso de matrimonio ou nas parellas de feito acreditativo segundo a lexislación aplicable.

-1 día por asuntos propios, que se deberá solicitar cunha anticipación mínima de unha semana. Este permiso retribuído no poderá ser desfrutado por máis dun 10% do cadro de persoal, nun mesmo día.

-5 días naturais por nacemento de fillo.

-5 días naturais en caso de falecemento ou intervención cirúrxica de cónxuxe, fillos ou pais.

-2 días en caso de falecemento, enfermidade grave, intervención xirúrxica de parentes, ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade. En caso de necesitar desprazamento, a licencia será de 4 días.

-1 día en caso de traslado de domicilio.

-1 día en caso de falecemento doutro familiar político ou consanguíneo.

-1 día natural para asistencia a casamento de pais, fillos ou irmáns.

-Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

-En caso de morte dun compañeiro de traballo, durante o tempo necesario para asistir ó enterro, ós compañeiros que o desexen, sempre que o seu número non exceda o dos membros do comité de empresa.

2. Os/As traballadores/as, por lactación dun fillo/a menor de nove meses terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións ou nunha reducción da súa xornada laboral en media hora, coa mesma finalidade.

3. Quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario, entre polo menos un tercio e un máximo da metade da duración daquilo.

4. Cando por razón de enfermidade, o traballador necesite asistir a un consultorio médico en horas coincidentes coa súa xornada laboral, a empresa concederalle (cun máximo de 12 horas anuais) o permiso necesario sen perda da retribución, debendo xustificarse o dito permiso co correspondente volante visado polo facultativo. Nos casos excepcionais nos que se exceda este límite de 12 horas, requirirase dun informe efectuado polo médico de empresa que dictamine a procedencia ou improcedencia deste exceso.

5. Permisos retribuídos para exames: o traballador terá dereito ó desfrute dos permisos necesarios para concorrer a exames, ou a unha preferencia para elixir quenda de traballo cando curse con regularidade estudios para a obtención dun título académico ou profesional con aproveitamento ordinario.

Artigo 14º.-Organización do traballo.

1. A organización do traballo, de acordo co prescrito na lexislación vixente e no presente convenio, é facultade e responsabilidade da dirección da empresa. O comité de empresa terá a función de orientación e elaboración de propostas e informes no relacionado coa dita organización do traballo.

2. De conformidade coa lexislación vixente, o comité de empresa terá que ser informado pola empresa dos traslados de posto, cambios de quenda ou sección e en todo o derivado da mobilidade funcional dos traballadores dentro da estructura organizativa da empresa.

3. Os traslados ou cambios non diminuirán as condicións salariais dos traballadores afectados, agás os incentivos ou complementos inherentes ó posto (prima de producción ou outros), que serán os estipulados para o dito novo posto.

4. Ante a implantación dun sistema de primas de producción, método de traballo ou nova actividade, a empresa informará previamente ó comité de empresa e estudiará os informes que el mesmo puidese emitir, co obxecto de recoller e negocia-las súas achegas á nova implantación.

5. Cando a empresa introduza novas tecnoloxías que supoñan para os traballadores modificacións substanciais nas condicións de traballo, a empresa comunicará estas ó comité de empresa, o cal emitirá un informe dando a súa opinión. A empresa dará a formación que coide necesaria en cada caso para a formación e adaptación técnica dos traballadores afectados polas ditas tecnoloxías.

Artigo 15º.-Condicións dos contratos.

En razón das condicións dos contratos de permanencia ó servicio da empresa, os traballadores clasifícanse en fixos, contratados por tempo determinado, eventuais, interinos, contratados a tempo parcial, en formación ou en prácticas. Así mesmo, poderase celebrar calquera tipo de contrato de traballo cunha modalidade que estea recollida na lexislación laboral vixente en cada momento.

Os traballadores baixo contratos temporais terán os mesmos dereitos que os demais traballadores do cadro, agás as limitacións derivadas da natureza do seu contrato e do presente convenio.

A empresa comprométense a dar preferencia en igualdade de condicións, ós fillos dos traballadores de alta no cadro de persoal á hora de novas incorporacións. Constituirase un comité de selección para o estudio das posibles solicitudes que se presenten, e que estará formado por dous membros do comité de empresa e dous membros por parte da empresa.

A empresa fixará os criterios de valoración obxectivos. Exceptuaranse deste sistema aqueles postos con facultades organizativas e de responsabilidade sobre o persoal, onde será a dirección da empresa quen tomará a decisión.

1. Duración dos contratos eventuais.

A duración máxima dos contratos de duración determinada por circunstancias de mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos será a que permita en cada momento o convenio sectorial correspondente á empresa, todo isto en relación co disposto pola normativa xeral na materia.

Os contratos desta natureza que estean en vigor na data de publicación deste convenio colectivo poderán prorrogarse ata o límite máximo referido, nas mesmas condicións que os que se subscriban trala entrada en vigor deste.

2. Traballo temporal.

Queda limitado ós supostos seguintes:

-Para cubrir baixas e ausencias ó traballo: polo tempo que duren elas.

-Por pedidos extraordinarios: período máximo dun mes.

Artigo 16º.-Período de proba.

1. O ingreso dos traballadores afectados polo presente convenio entenderase a título de proba, o período da cal será de duración variable, segundo a categoría profesional do contratado, sen que, en ningún caso, poida excede-lo tempo que se establece a seguir:

-Seis meses para os técnicos titulados.

-Dous meses incluídos especialistas.

-Un mes para o resto do persoal por baixo de especialistas.

2. Transcorrido o período de proba, os traballadores contratados por tempo indefinido adquirirán a súa condición de fixos computándose para tódolos efectos o tempo transcorrido durante o período de proba.

3. A situación de incapacidade temporal interromperá o cómputo do período de proba.

4. Os traballadores que, tendo sido eventuais ou interinos, pasen a ser contratados por tempo indefinido, non serán sometidos a períodos de proba sempre que sigan a desempeña-las mesmas funcións que cando estaban contratados por tempo determinado.

Artigo 17º.-Técnicos e cadro.

1. Definiranse as súas responsabilidades, funcións e obxectivos por departamentos, entregándose copia escrita delas a tódolos afectados.

2. Formación: terán dereito a unha atención preferente neste aspecto, para a posta ó día nos temas propios da súa actividade na empresa. Prestarase especial importancia a aspectos tales como a formación do seu equipo, técnicas de exercicio de man

do, técnicas de traballo en equipo e participación na toma de decisións.

Artigo 18º.-Ascensos e provisión de vacantes.

1. Os ascensos para o persoal da empresa rexeranse polos seguintes criterios:

a) Automaticamente, polo mero feito de cumpriren 18 anos, os aspirantes administrativos serán ascendidos a auxiliares, os pinches a peóns e os peóns de primeiro ano a peóns, cando cumpran un ano de antigüidade na empresa.

b) Os ascensos non automáticos faranse polo sistema de concurso-oposición regulado neste artigo.

2. Cando exista unha vacante, a dirección da empresa porao en coñecemento do comité de empresa, que, para coñecemento de todo o persoal, a publicará nos taboleiros de anuncios.

3. Esta notificación deberá realizarse cunha anticipación dun mes á data da celebración das probas e deberá conter detallada exposición das vacantes ou postos que se van cubrir e as datas en que se deberán efectua-las probas.

4. Unha vez notificada pola empresa a existencia dunha vacante, constituirase no prazo máximo de tres días o tribunal cualificador, que definirá as probas ás que deben someterse os aspirantes, así como a puntuación mínima esixida para alcanza-la condición de aprobado. Isto realizarao no prazo mínimo de 10 días, co fin de que sexa exposto no taboleiro de anuncios cunha anticipación de 15 días, como mínimo, á celebración das probas.

5. A composición do tribunal será a seguinte:

-Presidente: designado pola dirección da empresa.

-Un técnico nomeado pola empresa, pertencente ó departamento no que se vaia cubri-la vacante.

-Dous membros do comité de empresa, ou nomeados entre o cadro de persoal por este. Destes, como mínimo, un deles deberá pertencer á mesma ou superior categoría profesional á da vacante que se vai cubrir.

-Un secretario: cargo que ordinariamente será un administrativo, designado pola dirección da empresa, que levantará acta das reunións.

6. En igualdade de condicións, visto o resultado das probas de selección, atribuirase o ascenso tendo en conta os criterios establecidos no artigo 24 do Estatuto dos traballadores e segundo a seguinte orde de prioridades:

1. Ó máis antigo na categoría inferior.

2. Ó máis antigo na empresa.

En caso de discrepancia entre os membros do tribunal cualificador para a atribución do ascenso, a empresa ten a última facultade de decisión.

7. O procedemento para os ascensos non automáticos regulado nos parágrafos anteriores non será de aplicación cando se trate de cubrir vacantes en

postos de responsabilidade, entendidos como os correspondentes ás categorías de encargado e superiores. Nestes supostos será de competencia exclusiva da dirección da empresa a designación da persoa que ocupará o posto vacante.

Artigo 19º.-Creación de emprego fixo.

A empresa comprométese, na medida das súas posibilidades de sempre que existan necesidades do servicio, a que as vacantes producidas por xubilación ou falecemento do titular serán cubertas con emprego fixo, sempre que as necesidades dos procesos productivos previstos en cada momento así o puidesen requirir.

Artigo 20º.-Capacidade diminuída.

Nos casos en que se produza diminución de capacidade de tal forma que o traballador non poida realizar, sen risco para a súa saúde, a súa tarefa habitual, e sen prexuízo do que estableza a normativa reguladora das incapacidades laborais e dos distintos tipos de invalidez, a empresa, unha vez comprobada tal circunstancia, procurará adecualo a un posto axustado ás súas condicións físicas e psicolóxicas, se houber unha vacante e de acordo coa retribución do novo posto de traballo.

Artigo 21º.-Formación.

Potenciarase a política de formación para posibilitar:

-Un mellor desenvolvemento profesional do posto de traballo.

-A adecuación dos recursos humanos ós cambios organizativos e tecnolóxicos.

-Desenvolvemento dun mando e unha toma de decisións máis participativa.

-A creación de novas expectativas de ascenso.

-A adaptación dos novos empregados á empresa.

1. Continuarase coa potenciación dos cursos de formación externos e comezaranse cursos internos para formación de responsables de área ou quenda, ampliándoos sucesivamente. A empresa consultará previamente co comité de empresa a posta en marcha dos plans de formación.

Así mesmo, fomentarase a formación do persoal apropiado no concernente ó coñecemento das novas tecnoloxías que se poidan aplicar na empresa. Evitarase, sempre que os prazos de execución ou o nivel de coñecementos requirido o permitan, o desprazamento profesional do persoal actual en beneficio doutro de nova contratación.

2. A asistencia ós cursos de formación é de carácter voluntario. Tanto os mandos como o comité de empresa colaborarán na difusión das accións formativas que se promovan, fomentando a asistencia ós cursos.

Non obstante, será obrigatoria a asistencia naqueles casos de convocatoria como antecedente obrigado para certas promocións, cando a necesidade de formación sexa requirida para o adecuado e seguro desenvolvemento do contido do posto de traballo.

3. Estudiaranse por parte da empresa as peticións de permisos extraordinarios solicitados polos traballadores que teñan como fin a formación propia ou a reciclaxe.

4. Para os cursos formativos de carácter non voluntario que se realicen fóra da xornada laboral, a empresa aboará as horas efectivas de formación ó 50% do valor da hora extra ordinaria, así como, se for o caso, os gastos de desprazamento.

Artigo 22º.-Excedencias.

1. En materia de excedencias, os empregados de Componentes de Vehículos de Galicia, S.A., poderán optar entre o sistema regulado no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e o que a seguir se expón:

2. A empresa concederá a todo o persoal que teña polo menos dous anos de antigüidade como fixo na empresa ou desde a última excedencia desfrutada, o paso á excedencia voluntaria por un período non inferior a seis meses nin superior a tres anos.

3. A excedencia deberá solicitarse por escrito con vinte días de anticipación e poderá ser atrasada cando a ausencia do empregado cause notorio prexuízo á empresa.

4. Se o traballador non solicita o reingreso trinta días antes do final do prazo concedido de excedencia, perderá o dereito ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producisen na empresa. No caso de non existir vacante da categoría do traballador, a empresa porao no seu coñecemento.

5. O traballador que solicite o seu ingreso dentro do prazo fixado no número 4 anterior, terá dereito a ocupa-la primeira vacante que se produza na súa categoría. Se a vacante existente for de categoría inferior á súa, poderá optar entre ocupala co salario a ela asignado ou esperar a que se produza unha vacante da súa categoría. Se, producida ou existindo a vacante na súa categoría e requirido para que se incorpore, non o efectuar no prazo de 15 días, perderá todo o dereito ó reingreso.

6. O tempo de excedencia non será computable para ningún efecto e, unha vez reincorporado o traballador, será integrado na escala co número que lle corresponda, segundo o seu tempo de servicio activo.

Artigo 23º.-Roupa de traballo.

A dotación do vestiario segundo as diferentes categorías será a seguinte:

-Persoal de fabricación: efectuaranse dúas entregas anuais do seguinte xeito:

Primeira entrega: antes do 1 de abril, vestiario de verán composto por pantalón, 2 camisas, cazadora, cinto, peúgos, galóns e calzado de verán.

Segunda entrega: antes do 1 de outubro, vestiario de inverno, composto por pantalón, 2 camisas, cazadora, cinto, peúgos, galóns e zapatos.

-Persoal de mantemento: efectuaránselle as mesmas entregas, pero facilitaráselle calzado de seguranza, botas no inverno e zapatos no verán.

-Persoal de laboratorio e de mesturas: dúas batas ó ano coincidindo coas datas anteriormente sinaladas. Unha por departamento.

-Persoal que realice traballo exteriores (carreteiros): facilitaráselle roupa de abrigo e roupa adecuada para a chuvia (pantalón, chaqueta e calzado).

A empresa facilitará máis roupa de traballo a todo traballador que, polo desenvolvemento da súa actividade normal, a necesite.

O cambio de uniformidade verán/inverno estará suxeito a indicación colectiva ou xeral por parte da empresa.

Artigo 24º.-Seguranza e saúde.

A empresa comprométese a cumprir estrictamente a Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, a fin de preserva-la saúde dos traballadores.

O comité de seguridade e saúde está formado por tres representantes da empresa e tres dos traballadores.

Os representantes dos traballadores en materia de prevención de riscos poderán dispoñer dun total de 15 horas mensuais que distribuirán entre eles, sen incluí-las dedicadas a formación.

O comité de saúde laboral fará chegar á dirección da empresa, no mes de setembro de cada ano, as súas propostas de melloras e obxectivos prioritarios nesta materia para o seu estudio e posible inclusión no plan de investimentos do ano seguinte.

Debido ás características dos productos e procesos utilizados na fabricación por empresas, aplicarase ás traballadoras en estado de xestación un tratamento especial, procurando que non estean en contacto cos productos ou maquinarias que poidan ser considerados nocivos para a súa saúde ou para o feto. A traballadora no dito estado poderá elixir quenda de traballo a partir do quinto mes de xestación.

TÍTULO III

Aspectos sociais

Artigo 25º.-Seguro de vida.

A empresa no momento de asina-lo convenio comprométese a cambia-las coberturas da póliza de seguros a favor dos traballadores da empresa para cubri-las seguintes indemnizacións polas seguintes causas:

20012002

-Morte1.944.7372.458.304-Incapacidade permanente total2.000.0002.000.000-Incapacidade permanente absoluta1.944.7372.458.304-Morte por accidente4.605.0584.916.608-Morte por accidente de tráfico6.549.7957.374.912

Artigo 26º.-Fondo social.

A dotación do fondo social é de 1.000.000 pesetas anuais para tódolos anos de vixencia do presente convenio.

O fin do fondo é atende-las axudas de carácter social que sexan solicitadas polo persoal a quen afecte o convenio.

Artigo 27º.-Comedor.

Nos casos en que a xornada laboral se prolongue, de forma esporádica, máis de dúas horas, a empresa aboará os gastos de comidas orixinados por necesidades desta na contía fixa de 1.300 pesetas que serán pagas por caixa.

A empresa facilitará cheques restaurante ou vales de comida para aboamento das comidas ó persoal en réxime de xornada partida cun límite de 1.200 pesetas.

Artigo 28º.-Anticipos.

O persoal con antigüidade mínima dun ano terá dereito ós anticipos estipulados legalmente. O traballador que o solicite terá dereito a un anticipo equivalente ó importe total devengado das gratificacións extraordinarias de xullo, Nadal e beneficios, sempre que o motivo sexa xusto a xuízo da dirección, e logo de informe da comisión paritaria.

Artigo 29º.-Desprazamentos.

O persoal, que a pedimento da empresa teña que desenvolve-lo seu traballo fóra dela, terá dereito ó reembolso de tódolos gastos de transporte, aloxamento e comidas en que incorra con ocasión do dito desprazamento, logo de presentación dos xustificantes e facturas correspondentes.

A empresa anticipará diñeiro en efectivo ou facilitará tarxeta de crédito para cubri-los gastos en cada desprazamento, coa obriga de posterior xustificación e liquidación dos gastos en que efectivamente se incorreu.

Para desprazamentos superiores a 50 km e de curta duración, entendendo por tales os que teñan unha duración inferior a 30 días, establécense as seguintes condicións:

1. Dun a seis días ininterrompidos, incremento do 35% da retribución diaria total para todo o tempo que dure o desprazamento, exceptuando os traballadores con categorías iguais ou superiores a responsable de sección, así como aqueles traballadores que para o normal desenvolvemento da súa actividade na empresa requiran desprazarse habitualmente.

2. De sete a catorce días ininterrompidos, incremento do 35% da retribución diaria total para todo o tempo que dure o desprazamento.

3. De quince a vinteún días ininterrompidos, incremento do 50% da retribución diaria total para todo o tempo que dure o desprazamento.

4. De vintedous a trinta días ininterrompidos, incremento do 50% da retribución diaria total para todo o tempo que dure o desprazamento, máis un día libre retribuído.

Para estes efectos entenderase por retribución diaria a remuneración total percibida polo traballador, incluíndo, se for o caso, as horas extraordinarias realizadas durante o desprazamento.

O desprazamento considerarase ininterrompido cando a empresa non se faga cargo dos gastos de viaxe ó seu domicilio habitual no que poida incorre-lo traballador durante o período de desprazamento. Pola contra, considerarase interrompido cando estes gastos sexan a cargo da empresa.

O cómputo dos días de duración efectiva do desprazamento calcularanse do seguinte xeito:

1. Tomaranse as horas desde o inicio ata o fin do desprazamento.

2. A cantidade resultante de horas dividirase entre 24.

3. O resultado arredondarase por exceso sempre que sexa maior ou igual a 0,5.

Para os desprazamentos superiores a 50 km e de longa duración, é dicir, por tempo superior a 30 días ininterrompidos, e cun máximo de 90 días, aboarase un incremento do 50% sobre a retribución diaria e concederánselle dous días libres retribuídos por cada mes que dure o desprazamento.

Estes días de vacacións desfrutaranse ó regreso do domicilio de orixe do traballador.

Para o persoal que por petición da empresa teña que desenvolve-lo seu traballo fóra dela, por un tempo superior a un mes en un raio superior a dez quilómetros e inferior a cincuenta, incrementarase a súa retribución diaria e as súas horas extraordinarias nun 20 por 100 en canto dure o desprazamento.

Artigo 30º.-Quilometraxe.

O importe do quilómetro por desprazamento con vehículo propio por necesidades da empresa fíxase en 35 pesetas/km brutas, incluíndo os desprazamentos e a mutua de accidentes tanto por revisión periódica como por asistencia médica de accidente.

Artigo 31º.-Axuda por fillos diminuídos e escolaridade

Por petición do comité de empresa e para todo o que o solicite de maneira fidedigna, durante a vixencia do presente convenio, a empresa aboará a cantidade de 30.000 pesetas brutas mensuais por cada fillo diminuído físico ou psíquico recoñecido pola entidade oficial correspondente cunha incapacidade superior ó 33% e que estea a cargo do traballador.

Esta axuda será concedida a un máximo do 5% de traballadores do total do cadro de persoal.

Durante o presente convenio a empresa subvencionará o 50%, co límite máximo de 25.000 pesetas, os gastos por libros escolares a tódolos traballadores

con familia numerosa acreditada legalmente por medio dun libro de familia ou certificación oficial. O aboamento producirase no mes de outubro. O traballador solicitante deberá presenta-las facturas correspondentes ademais do recibo dos libros pedidos polo centro escolar a que asistan os fillos dos beneficiarios.

TÏTULO IV

Aspectos sindicais

Artigo 32º.-Asembleas.

No que a esta materia se refire observarase o que establece o Estatuto dos traballadores sobre o dereito de reunión e a comunicación á empresa e demais requisitos efectuaranse polo menos con 48 horas de anticipación.

A empresa, por petición do comité de empresa, autorizará asembleas para tratar asuntos importantes e urxentes.

Artigo 33º.-Acumulación de horas sindicais.

As horas establecidas para os membros do comité de empresa (20 horas por membro), poderán ser acumuladas trimestralmente para un ou varios membros do dito comité, sempre e cando se lle indique á dirección da empresa a súa distribución. Así mesmo, as seccións sindicais constituídas legalmente terán tódolos dereitos e garantías que se reflictan na LOLS. As seccións sindicais legalmente constituídas, terán a mesma consideración en termos de crédito horario que o comité de empresa canto á acumulación de horas, excepto no número delas, que non poderán exceder de 5 mensuais.

Artigo 34º.-Dereitos sindicais.

O comité de empresa terá dereito a ter coñecemento e control de tódolos contratos de traballo do persoal afecto a este convenio, sempre e cando sexan solicitados por este.

Artigo 35º.-Taboleiros, locais e ordenadores.

Cada central sindical representada dentro do comité de empresa terá dereito a un taboleiro de anuncios para o seu uso exclusivo, colocado en lugar accesible para todo o persoal. Así mesmo, facilitarase ós representantes dos traballadores o acceso a un local para o uso das actividades de representación que corresponda, así como un ordenador que deberá ser utilizado exclusivamente para os usos e fins pertinentes.

TÍTULO V

Conceptos económicos

Artigo 36º.-Retribucións.

O incremento para o ano 2001 sobre os conceptos económicos de salario base, complemento de asistencia e complemento de puntualidade será do IPC real máis un 0,25%. A súa distribución realizarase da seguinte maneira:

-Á sinatura deste convenio producirase un incremento sobre os conceptos descritos do 3,25%.

-Ó se coñece-lo IPC real do ano 2001, regularizarase a diferencia entre o 3% de incremento e o IPC real.

Para o ano 2002 o incremento que se aplicará a esta táboa será nunha porcentaxe igual ó IPC real máis un 1%, que se distribuirá proporcionalmente en tódolos conceptos económicos que perciban os traballadores na mesma proporción que no ano 2001. Para efectos de incremento salarial para o ano 2002, e en canto non se coñeza o IPC real do dito ano, o incremento salarial será do IPC previsto para o ano 2002 máis un 1%.

Artigo 37º.-Complemento de antigüidade.

A. Duración do período de cobramento establecido nun máximo de 12 anos.

B. Distribución do período de cobramento en tres cuadrienios.

C. O importe de cada un dos tres cuadrienios será do 7% da media resultante de suma-los salarios base recollidos na táboa salarial anexa, ou o seu equivalente para anos sucesivos.

Artigo 38º.-Complemento de asistencia e complemento de puntualidade.

O importe destes dous complementos percibirase na contía fixa mensual que figura na táboa salarial anexa. Estes dous complementos cobraranse por día efectivo de traballo.

Os atrasos que se produzan á hora de entrada ou faltas parciais ó traballo nun día determinado implicarán a perda da parte proporcional do complemento de asistencia (sempre que o atraso sexa superior a unha hora) e do cento por cento do complemento de puntualidade dese día.

Nas faltas ó traballo durante todo o día, non se pagará o importe de ámbolos complementos do dito día, exceptuando as licencias e permisos recollidos no artigo 13º do presente convenio (agás nas que se indique o contrario), así como as saídas a consultorio médico por razóns de enfermidade do traballador.

Artigo 39º.-Complemento de nocturnidade.

Este complemento será do 28% sobre o salario base e a antigüidade, pagándose o dito complemento na xornada abranguida entre as 22 horas e as 6 horas do día seguinte.

Artigo 40º.-Baixas por accidente de traballo.

No suposto de baixa por accidente de traballo garánteselle ó traballador afectado o cento por cento da súa retribución mensual. Para o cálculo desta, tomarase como base a correspondente á base de cotización do mes anterior.

Artigo 41º.-Paga de productividade.

A empresa pagará anualmente 45.000 pesetas a cada traballador, que será efectuado no mes de setembro, en proporción ó tempo traballado. Para o ano 2002 a paga de productividade ascenderá á cifra de 50.000 pesetas.

Artigo 42º.-Prima de producción.

A partir do ano 2001, a prima de producción fixada no pacto colectivo entre as partes pasará a se aboar igualmente no mes de agosto, polo que o percibo dela se realizará durante tódolos meses do ano e na contía proporcional que corresponda.

Artigo 43º.-Complemento de transporte.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá un complemento de transporte, con independencia da distancia que poida existir entre o centro de traballo e o domicilio do traballador. A contía deste complemento é de 500 pesetas por día efectivo de traballo.

Artigo 44º.-Baixas por enfermidade e maternidade.

Rexeranse polo establecido no Estatuto dos traballadores e leis concordantes.

Nas baixas por enfermidade, sempre e cando o afectado necesite hospitalización, a retribución do traballador será do 100% da base de cotización do mes anterior, só durante o período de hospitalización, sen que este período supere os dous meses (queda excluída a hospitalización por maternidade, xa que conta con cobertura do INSS).

Artigo 45º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de xullo, Nadal e beneficios, serán aboadas para todo o persoal, na contía dunha mensualidade do salario base, complemento de asistencia e puntualidade da táboa salarial anexa, así como a antigüidade correspondente.

As datas de pagamento das gratificacións de xullo e Nadal serán efectivas os días 15 de xullo e 15 de decembro respectivamente, sendo a de beneficios o 25 de xaneiro do ano seguinte. En caso de que algún dos días fixados coincidise cun día inhábil, pagaríanse no primeiro día hábil seguinte.

Artigo 46º.-Incentivo ZAP.

Co fin de motivar e compensa-la implantación deste sistema de traballo, acórdase continuar cos incentivos que se estableceron para o ano 2000.

Incentivo de 200 pesetas por día efectivo de traballo en ZAP/GAP, para cada un dos traballadores implicados no sistema de ZAP/GAP. Aínda cando a implantación da ZAP/GAP de acordo coa metodoloxía ESP é un proceso lento, a empresa acepta a aplicación do dito incentivo a partir do 1-1-2000 independentemente de que estean ou non constituídas en tódolos centros de traballo as ditas ZAP ou GAP.

Unha persoa traballa en ZAP/GAP cando tódolos criterios seguintes son respectados:

O equipo ten un piloto e comprende de dúas a sete persoas (incluído o piloto).

O sistema de ideas de mellora é seguido conforme as recomendacións estándar.

O supervisor guía un máximo de 25 persoas.

As reunións fin de quenda son diarias (Top 5).

A producción do ZAP/GAP é subministrada directamente ó seu cliente (sen control de calidade final sistemático).

O proceso de formación é conforme as recomendacións estándares (polivalencia e policompetencia).

O taboleiro de marcha é seguido polo ZAP/GAP.

Recualificación profesional para tódolos traballadores do proceso ZAP/GAP, de acordo coas súas competencias.

Establecemento de plans de formación de acordo que permitan que ó final do ano 2000, como data tope, a todo o persoal actualmente con contrato indefinido e que traballa en ZAP/GAP desempeña-la categoría de especialista.

Para o persoal de nova incorporación con contrato indefinido, estableceranse plans de formación que permitan o anterior ós dous anos de incorporación ás ZAP (queda exceptuado do anterior o persoal de contrato eventual ou ETT contratado para cubrir baixas).

Redefinición da prima de producción vinculando esta ó traballo en ZAP, de forma colectiva dentro da ZAP/GAP.

Artigo 47º.-Achega dos traballadores/as.

-Dilixencia, colaboración e cooperación nos traballos encomendados, e flexibilidade na asignación de tarefas, cometidos e ocupacións nas ZAP/GAP.

-Mantemento e mellora continua da calidade da producción.

-Contribución ó uso racional da enerxía.

-Presentación de suxestións sobre melloras nas condicións de seguridade e saúde, como vía previa a calquera reclamación fóra do ámbito da empresa.

-Fomento do clima social, estimulando as relacións humanas e as comunicacións na empresa.

Artigo 48º.-Horas extraordinarias.

A empresa e o comité, acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias de acordo cos seguintes criterios:

1. Horas extraordinarias habituais: suspensión.

2. Horas extraordinarias motivadas por forza maior.

Enténdese como tales as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como no caso de risco de perda de materias primas: realización.

3. Horas extraordinarias estructurais.

Co fin de clarificar este concepto, entenderanse como tales as necesarias por períodos punta de producción, pedidos imprevistos, cambios de quenda, ausencias imprevistas, substitución de horas sindicais e outras circunstancias de carácter estructural como avarías ou mantemento urxente, defectos de producción, todo isto, sempre que non poidan ser

substituídas por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.

A dirección da empresa entregaralle ó comité de empresa copia do rexistro mensual de tódalas horas extraordinarias, indicando o nome do traballador, sección onde se realizaron, causas e número delas. Así mesmo, e en función desta información e cos criterios sinalados anteriormente, a empresa e o comité determinarán o carácter e natureza das horas.

Por razóns de tipo operativo acórdase que a comunicación a cada traballador, das horas extraordinarias realizadas por el, sexa mensual.

Artigo 49º.-Clasificación profesional.

Segundo a táboa salarial anexa

TÍTULO VI

Ambiente

Artigo 50º.-Actuación en defensa e protección do ambiente.

As partes asinantes deste convenio consideran necesario, que a empresa e empresas subministradoras e colaboradoras actúen de forma responsable e respectuosa co ambiente, prestando gran atención á súa defensa e protección de acordo cos intereses e preocupacións da sociedade, co obxectivo de xera-lo acordo necesario para consegui-la homologación ISO 14.001.

Para estes efectos, a empresa debe adoptar unha actitude permanente e responsable en materia de ambiente e, ó mesmo tempo, conseguir que o esforzo que está a desenvolve-la empresa neste campo, e o que se realice no futuro, así como os seus resultados, sexan coñecidos e adecuadamente valorados pola sociedade e as administracións competentes. Considérase fundamental para estes fins a realización de actividades tendentes e consegui-los seguintes obxectivos:

-Promover e conseguir unha actuación responsable en materia de ambiente concretando as medidas que se deben adoptar.

-Establecer uns obxectivos cualitativos e cuantitativos de mellora co fin de facer visible, respecto a eles, o progreso que se consiga.

-Demostrar á sociedade o comportamento responsable da empresa, individual e colectivamente, mediante o emprego de técnicas de boa xestión ambiental e a comunicación dos resultados obtidos.

-Mellora-la credibilidade da industria e aumenta-la confianza da sociedade e das administracións públicas, mediante demostracións e feitos concretos.

-Todo isto debe ser obxecto de permanente e compartida preocupación tanto da dirección da empresa como dos representantes dos traballadores.

TÍTULO VII

Réxime disciplinario

Artigo 51º.-Réxime de faltas e sancións.

Os traballadores, poderán ser sancionados pola dirección da empresa, de acordo coa graduación de

faltas e sancións que se establecen nos seguintes artigos. Corresponde á empresa a facultade de impoñer sancións nos termos do estipulado no presente convenio. A sanción de faltas leves e graves requirirá comunicación escrita motivada ó traballador, e a das faltas moi graves, ademais, será oído o traballador afectado. En canto dure o trámite de audiencia, o traballador poderá ser cautelarmente exonerado da obriga de prestar servicios na empresa.

En calquera caso, a empresa informará os representantes dos traballadores, ó mesmo tempo que ó propio afectado, de toda sanción que se impoña.

Artigo 52º.-Graduación de faltas.

Toda falta cometida por un traballador/a clasificarase, atendendo á súa importancia, transcendencia e intención, en leve, grave ou moi grave.

Artigo 53º.-Leves.

Son faltas leves:

1. Faltar un día ó traballo.

2. Ata tres días de puntualidade nun mes.

3. Abandona-lo posto de traballo ou o servicio durante breve tempo, durante a xornada de traballo.

4. Os pequenos descoidos na realización do traballo e na conservación das máquinas, ferramentas e materiais.

5. A inobservancia dos regulamentos e ordes de servicio, así como a desobediencia ós mandos; todo isto en materia leve.

6. A falta de respecto, en materia leve, ós subordinados, compañeiros, mandos e público, así como a discusión entre eles.

7. A falta de limpeza e hixiene persoal, así como das dependencias, servicio e útiles da empresa.

8. Non comunicarlle á empresa os cambios de domicilio ou dos datos necesarios para a Seguridade Social (e medicina de empresa).

Artigo 54º.-Graves.

Son faltas graves:

1. A dobre comisión de falta leve, dentro do período dun mes, excepto as de puntualidade.

2. A falta de dous días ó traballo durante o período dun mes.

3. O entorpecemento, a omisión maliciosa e o falseamento dos datos, cuestións e feitos que poidan afectar á Seguridade Social (e medicina de empresa).

4. O incumprimento das normas legais xerais, as deste convenio ou do regulamento de empresa, en materia de seguridade no traballo. Será falta moi grave cando teña consecuencia nas persoas, máquinas, materiais, instalacións ou edificios.

5. A desobediencia ós mandos en cuestións de traballo.

6. A voluntaria diminución da actividade habitual ou os defectos na calidade fixada, por neglixencia do traballador.

7. O emprego de tempo, materiais, máquinas e utensilios de traballo en cuestións alleas a el.

8. As inxurias proferidas contra persoas ou institucións de toda índole.

9. A suplantación activa ou pasiva da personalidade.

10. A embriaguez non habitual durante o traballo.

Artigo 55º.-Moi graves.

Son faltas moi graves:

1. A reiteración de falta grave dentro do período dun mes, sempre que aquela fose sancionada.

2. A falta de seis días ó traballo, durante un período de catro meses.

3. Máis de doce faltas de puntualidade nun período de seis meses, ou de vintecinco nun período dun ano.

4. A falsidade, a deslealdade, a fraude, o abuso de confianza, a competencia ilícita coa empresa e o furto ou roubo, tanto ós compañeiros de traballo como á empresa ou a terceiros dentro das dependencias desta ou durante o desempeño de traballos ou servicios por conta da empresa.

5. Facer desaparecer, inutilizar, causar desperfectos ou modificacións maliciosas en primeiras materias, productos, utensilios, ferramentas, máquinas, aparellos, instalacións, edificios, enxoval e documentos da empresa.

6. A indisciplina ou desobediencia ó regulamento de réxime interior da empresa ou ás ordes dos mandos, así como tamén a inducción a ela cando revista especial gravidade.

7. A participación directa ou indirecta na comisión de delicto cualificado como tal no Código penal.

8. A falsidade nas circunstancias de accidentes de traballo, a simulación de enfermidade ou accidente e a prolongación maliciosa ou finxida na súa curación.

9. A embriaguez habitual durante o traballo.

10. O abandono do traballo en posto de responsabilidade.

11. O abuso de autoridade.

12. A diminución voluntaria e continuada do rendemento.

13. A comisión de actos inmorais nos locais e dependencias da empresa, dentro e fóra da xornada de traballo.

14. Tódalas consignadas no artigo 54.2º do Estatuto dos traballadores, consideradas como causas xustas de despedimento.

Artigo 56º.-Sancións máximas.

As sancións máximas que se poden impoñer son as seguintes:

-Por falta leve: amoestación por escrito; suspensión de emprego e soldo ata dous días.

-Por falta grave: suspensión de emprego e soldo de tres a quince días; inhabilitación para o ascenso durante o período dun ano.

-Por falta moi grave: suspensión de emprego e soldo de dezaseis a sesenta días, inhabilitación para o ascenso por un período de ata cinco anos e despedimento nos supostos en que a falta fose cualificada dun grao máximo.

Artigo 57º.-Despedimento.

Sen prexuízo daqueloutros casos en que proceda o despedimento sen indemnización, de acordo coa lexislación vixente, a empresa poderá acordalo, sen que quede obrigada a impoñer outra sanción, nos casos que a seguir se detallan:

-Faltar dez días ó traballo no período de seis meses.

-Faltar á puntualidade oito veces nun mes; catorce en tres meses ou vinte en seis meses.

-A indisciplina ou desobediencia cando ocasionen graves danos á empresa, ós compañeiros de traballo, á normalidade da prestación deste e sempre que se produza en forma pública e con escándalo.

-A diminución voluntaria do rendemento normal no traballo durante tres semanas seguidas ou seis alternas nun período de seis meses.

-A embriaguez habitual publicamente advertida no centro de traballo.

-Orixinar reiteradamente rifas ou pendencias cos compañeiros de traballo, abondando unha soa vez cando se produzan lesións, danos nas instalacións ou notoria interrupción do traballo.

-A infidelidade á empresa por pasar a prestar servicios a outra competidora téndoo prohibido; revelar segredos ou datos de obrigada reserva; falsificar ou terxiversar datos ou documentos; ofender grave e publicamente a empresa ou os seus directivos.

-A simulación de enfermidade ou accidente de traballo.

Artigo 58º.-Caducidade.

Para os efectos de graduación de faltas non se terán en conta aquelas que se cometesen con anterioridade de acordo cos seguintes prazos:

-Faltas leves: tres meses.

-Faltas graves: seis meses.

-Faltas moi graves: 1 ano.

Artigo 59º.-Prescrición.

As faltas prescribirán polo transcurso do prazo que, en cada momento, estableza a lexislación aplicable.

TÍTULO VIII

Aspectos legais

Artigo 60º.-Lexislación aplicable.

No que non está expresamente disposto neste convenio, aplicarase o que determine o Estatuto dos traballadores e demais disposicións concordantes.

Artigo 61º.-Comisión negociadora.

Está constituída polo xerente da empresa, Horacio J. Reyes Crespo, o responsable de persoal, Omar R. Rodríguez Vidal e polo comité de empresa, representante legal dos traballadores.

Pacto colectivo subscrito entre os representantes dos traballadores e a empresa Componentes de Vehículos de Galicia, S.A.

No Porriño, no 28 de setembro de 1999, reúnense no domicilio social da entidade Componentes de Vehículos de Galicia, S.A., dunha partes, en representación da empresa, Horacio Juan Reyes Crespo e María del Carmen Rodríguez Ruíz; da outra, en representación dos traballadores, os membros do comité de empresa, José Alfaya Márquez, José Gómez Diz, Antonio Arcos Fernández, Guillermo Moreira Barros e Fco. Javier Estévez Rodríguez.

Ámbalas partes se recoñecen mutuamente lexitimación bastante e na representación que exercen manifestan e pactan:

1º Que o artigo 10 do convenio colectivo da empresa establece a xornada laboral dos traballadores, a cal se distribúe en tres quendas e xornada partida, en ámbolos casos de luns a venres.

2º Que por razóns de adecuada organización da empresa e para o mellor aproveitamento dos seus recursos, se fai necesario amplia-las quendas pactadas a tódolos días da semana, para o cal, facendo uso das facultades representativas que ámbalas partes teñen atribuídas, as mesmas acordan subscribi-lo presente pacto e obrigarse conforme as seguintes

CLÁUSULAS

Primeiro.-Créase unha xornada especial, denominada fin de semana, que se desevolverá conforme as seguintes limitacións:

* A duración máxima da xornada semanal dos traballadores que presten os seus servicios en réxime fin de seman será de 32 horas.

* O horario dentro do réxime referido distribúese en tres quendas, as cales serán rotativas, dentro do persoal adscrito a el:

Quenda de mañá: 6 a 14 horas.

Quenda de tarde: 14 a 22 horas.

Quenda de noite: 22 a 6 horas.

* Os traballadores adscritos a este réxime percibirán un complemento mensual de 50.000 pesetas, que se aboará en nómina baixo o concepto de quenda de fin de semana.

* Para a adscrición ó réxime de fin de semana será preciso:

-Nos traballadores de nova contratación, que se pacte de forma expresa no seu contrato de traballo.

-Nos traballadores con contrato vixente e de alta na empresa, que sexa solicitada voluntariamente.

Segundo.-Este pacto, aínda producindo efectos desde o día da data, entrará en vigor no momento en que estean as quendas debidamente conformadas e a súa vixencia estenderase ata o momento en que desapareza a saturación do proceso productivo no que nos vemos involucrados.

Este pacto terá entre as partes a mesma eficacia que un convenio colectivo e, en consecuencia, só poderá ser impugnado pola canle e a forma establecida nos artigos 161 e seguintes da LPL, sen que caiba insta-la resolución do mesmo polo incumprimento de todo ou parte do seu contido por algún dos asinantes deste, os cales quedan vinculados á solución concertada igual que se dun convenio colectivo se tratase, podendo instar unicamente a execución ou cumprimento do pactado, pero non a súa rescisión.

E sen máis asuntos que tratar, logo de redacción, lectura e aprobación da presente acta, subscriben os intervenientes, na representación que teñen atribuída, o presente pacto, no lugar e data que constan no encabezamento.

Táboa salarial

Salario baseP. asistenciaP. puntualidadeTotalH.E. hábilH.E. inhábil

Peón 1 ano106.5969.3607.837123.7931.8202.273

Peón112.9929.9208.306131.2181.9292.409

Axudante118.64010.4178.723137.7802.0262.530

Especialista124.29410.9149.137144.3452.1222.650

Oficial 3ª administrativo129.93811.4109.554150.9022.2182.771
Oficial 3ª

Oficial 2ª administrativo135.59311.9059.967157.4652.3152.891
Oficial 2ª

Oficial 1ª administrativo141.24012.40010.382164.0222.4113.012
Oficial 1ª
Xefe de equipo

Encargado de sección146.89312.89610.798170.5872.5083.132
Xefe de 2ª administrativo

Xefe sección
Xefe de 1ª administrativo152.54213.39311.213177.1482.6043.253

Cálculo complemento antigüidade

Táboa salarial para o cálculo do complemento de antigüidade

Importes anuais ano 2001

Salario baseP. asistenciaP. puntualidadeT. devengadoP.antigüidade

por cuadrienios

Peón 1 ano1.598.940140.400117.5551.856.895 136.352

Peón1.694.880148.800124.5901.968.270 136.352

Axudante1.779.600156.255130.8452.066.700 136.352

Especialista1.864.410163.710137.0552.165.175 136.352

Oficial 3ª administrativo1.949.070171.150143.3102.263.530 136.352
Oficial 3ª

Oficial 2ª administrativo2.033.895178.575149.5052.361.975 136.352
Oficial 2ª

Oficial 1ª administrativo2.118.600186.000155.7302.460.330 136.352
Oficial 1ª
Xefe de equipo

Encargado sección2.203.395193.440161.9702.558.805 136.352
Xefe de 2ª administrativo

Xefe sección
Xefe de 1ª administrativo2.288.130200.895168.1952.657.220 136.352

Bases para o cálculo do complemento de antigüidade:

Suma de salarios base: 17.530.920

Media de salarios base: 1.947.880

Tipo a aplicar: 7%.

Complemento antigüidade: 136.352