Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 23 de outubro de 2001 Páx. 13.720

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 18 de outubro de 2001 pola que se abre un novo prazo de presentación de solicitudes para os programas de planificación zoosanitaria, recollidos na Orde do 4 de xullo de 2001 pola que se articulan axudas no marco do programa de mellora gandeira de Galicia.

A Orde de 4 de xullo de 2001 pola que se articulan axudas no marco do programa de mellora gandeira

de Galicia, regula, entre outras, axudas destinadas ás agrupacións de gandeiros, ás súas federacións e ás entidades relacionadas co sector agrario, co obxecto de prestar apoio técnico ó sector e así mellora-la súa eficacia e profesionalidade mediante programas de xestión zootécnica e planificación zoosanitaria, que contribúan á súa viabilidade a longo prazo.

A recente aprobación do Decreto 91/2001, do 19 de abril, polo que regulan as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras de Galicia, impónlles ás ditas asociacións o cumprimento duns determinados requisitos, previo ó seu recoñecemento como tales, a observancia deste cumprimento constata que o prazo outorgado na Orde do 4 de xullo de 2001 é insuficiente para que estas asociacións poidan acollerse ós beneficios recollidos na devandita convocatoria.

A necesidade de impulsar e facilita-la creación das agrupacións de defensa sanitarias gandeiras, determinan a oportunidade de outorgar un novo prazo de presentación de solicitudes de axudas para os programas de planificación zoosanitaria.

En consecuencia, e de acordo co disposto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983 reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes para os programas de planificación zoosanitaria contemplados na Orde do 4 de xullo de 2001, pola que se articulan axudas no marco do programa de mellora gandeira de Galicia, que abarcará desde a publicación desta orde ata o día 5 de novembro de 2001.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2001.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Agricultura, Gandería

e Política Agroalimentaria