Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 22 de outubro de 2001 Páx. 13.711

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 23 de abril de 2001, da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona, de citación para notificación por comparecencia (01.2.1.11.004).

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria, segundo redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE do 31), o xefe da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona da Axencia Estatal de Administración Tributaria, fai saber que, ó non ser posible, por causas

non imputables á Administración tributaria, realiza-las notificacións ós interesados ou ós seus representantes nos procedementos que se indican na relación que segue, e intentadas estas de conformidade co establecido no artigo 105 da Lei xeral tributaria, cítanse os especificados na mencionada relación, para que no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, comparezan na Unidade de Recadación para Débedas de Menor Contía da Dependencia Provincial de Recadación da AEAT en Barcelona, situada no Passeig de Josep Carner, 33, planta baixa, de Barcelona, para seren notificados regulamentariamente.

En caso de non comparecer no prazo e lugar sinalados, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do seu vencemento.

Barcelona, 23 de abril de 2001.

J. Ignacio Mora Artiga

Xefe da Dependencia Provincial de Recadación

de Barcelona

Relación que se cita: 012111004.

Nome: Spanish Export Consultants, S.L.

NIF: B-60501871.

Procedemento: inicio procedemento de constrinximento.

Referencia: C1100000270138484.

Unidade: unidade rec. menor contía.

Lugar de comparecencia: PS Josep, 33, planta baixa, Barcelona.

Nome: Viaplana Pujol, Ramón.

NIF: 77257453-Q.

Procedemento: inicio procedemento de constrinximento.

Referencia: C1100000270166413.

Unidade: unidade rec. menor contía.

Lugar de comparecencia: PS Josep, 33, planta baixa, Barcelona.