Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 22 de outubro de 2001 Páx. 13.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana nos seus rueiros números 208 e 209 rúa Salvador Moreno.

O Pleno da Corporación, en sesión do vinteoito de xullo de dous mil un, prestou aprobación inicial ó proxecto denominado de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana nos seus rueiros nº 208 e 209 rúa Salvador Moreno, sendo o documento de ordenación de modificación do PXOU formulado por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe da Oficina Técnica Municipal de Planeamento e Xestión con data 13 de xullo de 2001, en cumprimento do informe emitido polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia do 14-5-2001, dispoñéndose o sometemento a información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico deste concello (rúa Churruchaos) a documentación inicialmente aprobada e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 11 de setembro de 2001.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente