Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 22 de outubro de 2001 Páx. 13.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial da segunda modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial do Campiño.

A Comisón de Goberno, en sesión do vintetrés de xullo de dous mil un, prestou aprobación inicial ó proxecto de segunda modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial do Campiño, antigo solo A-3 do Plan Xeral e Ordenación Urbana deste termo municial, formulado por Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A. e redactado polo arquitecto José Enrique Pérez-Ardá Criado, sendo visado pola delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia do 28-5-2001, dispoñéndose o sometemento a información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico

deste concello (rúa Churruchaos) a documentación inicialmente aprobada e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 11 de setembro de 2001.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente