Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 22 de outubro de 2001 Páx. 13.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana para recualificación de predio singular en Santa Margarida-Mourente, en execución de convenio urbanístico aprobado polo Pleno da Corporación en sesión do 27 de xaneiro de 2001.

O Pleno da Corporación, en sesión de vinteoito de xullo de dous mil un, prestou aprobación inicial ó proxecto denominado de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Pontevedra para recualificación de predio singular en Santa Margarida-Mourente, en execución do convenio urbanístico subscrito o 24-1-2001 pola Alcaldía e os señores Puig Pérez Quevedo e Puig Otero, que foi aprobado polo Pleno da Corporación o 27 dese mes, sendo o documento de ordenación de modificación do PXOU formulado por esta Administración municipal e composto do exemplar redactado polo arquitecto xefe da Oficina Técnica Municipal de Planeamento e Xestión en data xaneiro 2001 e do informe aclaratorio ó informe inicialmente emitido polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia do 26-4-2001, dispoñéndose o sometemento a información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico deste concello (rúa Churruchaos) a documentación inicialmente aprobada e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 11 de setembro de 2001.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente