Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 22 de outubro de 2001 Páx. 13.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

Aprobación definitiva de estudio de detalle, de iniciativa particular, dunha parcela en Atalaia-San Cibrao.

O Concello en Pleno, na sesión que tivo lugar con data do 3 de outubro de 2001, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle antes reflectido.

Contra este acordo poden formula-los interesados, con carácter potestativo, recurso de reposición no prazo dun mes desde que reciban a notificación, ante o mesmo órgano que o dictou. En caso de recorrer mediante este recurso de reposición, non poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. (Todo isto segundo a redacción dada á Lei 30/1992, pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, BOE do 14 de xaneiro).

Igualmente, poderán os interesados recorrer directamente á vía xurisdiccional contencioso-administrativa, durante un prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da data de publicación deste edicto.

Este recurso contencioso-administrativo pódese interpor no devandito prazo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña (artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, LX).

Advírtese que os interesados poderán utilizar, pola súa conta, calquera outro recurso ou alegación que consideren conveniente.

Cervo, 9 de outubro de 2001.

José Manuel Balseiro Orol

Primer tenente alcalde