De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria, segundo redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE do 31), o xefe da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona da Axencia Estatal de Administración Tributaria, fai saber que, ó non ser posible, por causas non imputables á Administración tributaria, realiza-las notificacións ós interesados ou ós seus representantes nos procedementos que se indican na relación que segue, e intentadas estas de conformidade co establecido no artigo 105 da Lei xeral tributaria, cítanse os especificados na mencionada relación, para que no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, comparezan na Administración ou Unidade de Recadación que consta na relación, para seren notificados regulamentariamente.
En caso de non comparecer no prazo e lugar sinalados, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do seu vencemento.
Barcelona, 2 de agosto de 2001.
J. Ignacio Mora Artiga
Xefe da Dependencia Provincial de Recadación
de Barcelona
Relación que se cita: 011111006.
Nome: Digon González, Raimundo.
NIF: 10016588-L.
Procedemento: inicio procedemento de constrinximento.
Referencia: C1100000270187665.
Unidade: casc. antic.
Lugar de comparecencia: Vía Layetana, 10. Barcelona.