Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T. e C.T. mercado gandeiro en Baralla.
Situación: Baralla.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,013 km, con orixe en apoio existente da L.M.T. 5215 O Corgo-Baralla (actualmente paso aéreo subterráneo M.T. mercado gandeiro), conductor tipo R.H.V. e final no C.T. mercado gandeiro. C.T. prefabricado cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/380-220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 3 de setembro de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo