Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 22 de outubro de 2001 Páx. 13.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/92-2, 5672 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto

1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. estr. Foilebar.

Situación: O Incio.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, con lonxitude de 0,51 km, con orixe na L.M.T. a C.T. A Cruz do Incio, conductor tipo R.H.V. e final no C.T. estr. de Foilebar. C.T. no prefabricado, con potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/380-220 V. R.B.T. subterránea con lonxitude de 0,045 km, con orixe no C.T. estr. de Foilebar, conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 3 de setembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo