Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 22 de outubro de 2001 Páx. 13.694

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia. (562/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o número 562/2001, por instancia de María Victoria Vázquez Ares, contra a empresa Cablogis, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, dictouse a seguinte sentencia:

«Na Coruña, 13 de setembro de 2001.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 562/2001, seguidos por instancia de María Victoria Vázquez Ares, maior de idade, asistida polo letrado José Nogueira Esmorís, contra a empresa Cablogis, S.L. e Fogasa, que non compareceron en autos, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por María Victoria Vázquez Ares e debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa Cablogis, S.L., condenando a demandada a que, no prazo de cinco días, desde a data da notificación da sentencia, opte entre a readmisión inmediata do demandante nas mesmas condicións que posuía con anterioridade ou o aboamento dunha indemnización de 1.729.125 pesetas máis, en ámbolos dous casos, ó aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, que ascende a 5.300 pesetas diarias.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá no momento de interpo-lo recurso consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Cablogis, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta notificación na Coruña o 13 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado