Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 22 de outubro de 2001 Páx. 13.693

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (38/2001).

Eu, Marta de Vicente Gutiérrez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe de que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co número 38/2001 se acordou, por resolución con data do 12 de setembro de 2001, a citación de Concepción Balado Pardo mediante a publicación da seguinte cédula de citación.

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar 38/2001, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Concepción Balado Pardo, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 8 de novembro, ás 10.05 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoa de que, de non o verificar, recaerán sobre ela os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

A Coruña, 12 de setembro de 2001.

A secretaria

Rubricado