Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 22 de outubro de 2001 Páx. 13.693

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DOS DA CORUÑA

EDICTO (318/2001).

Eu, Domingo Villafánez García, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número dous da Coruña, dou fe e certifico que nos autos de xuízo verbal número 318/2001, dictei sentencia que, entre outros, contén os seguintes particulares:

«Sentencia:

Na Coruña o 13 de xullo de 2001.

Vistos pola maxistrada-xuíza deste xulgado, María del Carmen Gámez Valencia, os presentes autos de xuízo verbal, seguidos co número 318/2001, por instancia de Esther López Pérez, maior de idade, veciña da Coruña, con domicilio na rúa Juana de Vega, nº 33, 4º, representada polo procurador dos tribunais José Manuel del Río Sánchez, baixo a dirección da letrada Carmela Lavandeira Rábade, contra José Luis García Carro, veciño da Coruña, con domicilio en r/ Juan Castro Mosquera, nº 20, baixo esquerda, en estado procesual de rebeldía, versando a litis sobre desafiuzamento por falta de pagamento.

Decido que, estimando a demanda interposta por Esther López Pérez, representada polo procurador José Manuel del Río Sánchez, contra José Luis García Carro, debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento que sobre o local baixo esquerda, sito na rúa Juan Castro Mosquera, nº 20 da Coruña, existía entre a actora e o demandado por falta de pagamento das rendas pactadas, e consecuentemente declaro que hai lugar ó desafiuzamento, condenando o demandado a facer entrega dela no prazo legal,

facéndose saber que se non o fixese se procederá de inmediato ó lanzamento; por último condeno o demandado ó pagamento das custas.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, con indicación de que contra ela pode interporse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, en termo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ó da súa notificación, que deberá preparse perante este xulgado por medio de escrito que se limitará a cita-la resolución apelada e a manifesta-la vontade de recorrer con expresión dos pronunciamentos que impugna, na forma prevista no artigo 457 da Lei de axuizamento civil. Á demandada non se lle admitirá recurso de apelación, se ó preparalo, non manifesta acreditándoo por escrito, ter satisfeitas as rendas vencidas e as que consonte o contrato deba pagar adiantadas.

Así por esta miña sentencia, que será arquivada no libro de sentencias deste xulgado, da que se levará testemuño ós autos, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

María del Carmen Gámiz Valencia».

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado, José Luis García Carro, en situación procesual de rebeldía, expido e asino este edicto na Coruña o 10 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado