Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2001 Páx. 13.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 6 de setembro de 2001, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle do predio sito na avda. dos Bosques, promovido por José Esmorís Iglesias en representación de Naya-Esmorís Promociones, S.L. (Expediente 12/2001.PED).

Ó mesmo tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou, intentada esta, non se puidese practicar, sirva o presente de notificación, coa finalidade e alcance que se contemplan no número 4 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Recursos.

Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpoñer, ben de forma potestativa recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, ou xa directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Se se opta por interpoñer recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo, deberá facerse perante o órgano municipal do que dimana o presente acto no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación do acordo impugnado, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdicción.

Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a interposición del sen que fose notificado, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición se debería ter notificado de forma expresa (un mes desde a interposición del), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa en relación cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 11 de setembro de 2001.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde