Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2001 Páx. 13.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2001 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino a producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Tambre, xunto co proxecto e estudio de impacto ambiental do concurso AC/6/133.

Neste organismo autónomo, Augas de Galicia, presentouse a petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico nun tramo libre do río Tambre, cos proxectos das obras e instalacións e estudio de impacto ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, onde figuran os datos máis relevantes e unha breve descrición das obras que se executarán.

Co presente anuncio, para dar cumprimento ó disposto no artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico; e no artigo 5.2º do Decreto 442/1990, do 25 de setembro, sométese de forma simultánea, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e a documentación técnica e ambiental, para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións coiden procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no encabezamento), ante o rexistro xeral do Organismo Autónomo Augas de Galicia -praza Camilo Díaz Valiño, 7-9, 15781 Santiago de Compostelae dentro do prazo improrrogable de trinta (30) días hábiles.

O prazo comezará a contarse a partir do día seguinte ó da data da última das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá ningún escrito.

Os que se consideren interesados terán, para efectos informativos, á súa disposición unha copia da petición e da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados nas seguintes dependencias administrativas:

* Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento:

-Augas de Galicia-Demarcación Centro: praza Camilo Díaz Valiño (estación de autobuses), Santiago de Compostela (A Coruña).

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental: r/ Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

-Concello do Pino: rúa O Pedrouzo-Arca, 15821 O Pino.

-Concello de Oroso: rúa O Xuncal-Sigüeiro, 15884 Oroso.

* Estudio de impacto ambiental do proxecto:

-Augas de Galicia-Demarcación Centro: praza Camilo Díaz Valiño (estación de autobuses), Santiago de Compostela (A Coruña).

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental: r/ Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

-Concello do Pino: rúa O Pedrouzo-Arca, 15821 O Pino.

-Concello de Oroso: rúa O Xuncal-Sigüeiro, 15884 Oroso.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Minicentrales Pontecarneiro, S.L.

Enderezo: r/ Cantón Grande, nº 6-1º, 15003 A Coruña.

Denominación do aproveitamento: central de Pontecarneiro.

-Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal máximo derivado: 20.000 l/sg.

Corrente de derivación: río Tambre (cota normal de encoro: 256,50 m).

Corrente de restitución: río Tambre (cota de finalización: 248,00 m).

Desnivel (salto bruto): 8,50 m.

Altura desde o leito ata o aliviadoiro: 8,50 m.

Potencia xeradores: 848,00 e 280,00 kW respectivamente.

Concellos onde radican a toma e demais obras: O Pino e Oroso (A Coruña).

-Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Presa: proxectouse un azude de gravidade á cota de leito 248,00 msnm, situando o aliviadoiro á cota 256,50 msnm. A captación de augas faise na marxe esquerda dispoñéndose nela unha reixa de protección. Instalaranse dous desaugadoiros de fondo de 1 m de diámetro. A capacidade estimada do azude é de 760.000 m.

Tubaxe forzada: instalarase unha tubaxe de 2,50 m de diámetro e 6 m de espesor que irá embebida no formigón do azude ata a sala de máquinas. Alí bifurcarase en dúas tubaxes de 2,50 e 1,50 m de diámetro que alimentará a cada turbina. É unha tubaxe de aceiro ó carbono.

Central: a central construirase integrada no propio corpo do azude, de tal xeito que a súa cimentación e máis a das turbinas se integrará co estribo do azude.

Equipos electromecánicos: a central irá equipada con dúas turbinas Kaplan. Acoplados ó eixe rápido do multiplicador de velocidade irán dous xeradores síncronos para montaxe vertical cunha potencia en bornas de 1.060 e 350 KVA respectivamente.

-Afeccións:

Non se efectúa a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento.

-Estudios de impacto ambiental:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.