Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2001 Páx. 13.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 12 de setembro de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2001/000102-5 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase, ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se establezca, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados de seguido áchanse ó dispor dos interesados na citada Delegación Territorial de Vigo, c\ Palma, 4.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000102-5.

Denunciada: Digna Míguez Cousiño.

DNI: 35529797-H.

Enderezo: Camiño do Forno, 10-B-Sabaxáns, Vigo.

Precepto infrinxido: 6.12º.

Sanción: 25.001 pesetas/50,259 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000178-5.

Denunciado: Camilo Otero Reiriz.

DNI: 52490860-F.

Enderezo: Reamorta, 86-Beluso, Bueu.

Precepto infrinxido: 6.7º.

Sanción: 25.001 pesetas/150,259 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000213-5.

Denunciado: Antonio Piedras Santos.

DNI: 76832921.

Enderezo: Costa de Figueiron, 15-Beluso, Bueu.

Precepto infrinxido: 6.13º.

Resolución de sobresemento.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c nº 2091/0501/66/3110000041 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo, título da conta «Tesouro da Facenda galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións», nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non seren abonadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 12 de setembro de 2001.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo