Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2001 Páx. 13.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións que comprende o proxecto parque eólico Serra do Páramo. (Expediente 81-EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación a este expediente segundo o establecido na disposición transitoria primeira da devandita lei, en relación coa disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Virandel, S.L., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Estudio ambiental.

-Autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto parque eólico Serra do Páramo.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación

forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Virandel, S.L. Templarios, 4-6 baixo. 15670 O Burgo. Culleredo (A Coruña).

Situación: concellos de Sarria, O Páramo e Paradela (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.617.130,00; 4.740.245,00),

V(0.626.355,00; 4.744.885,00)

V(0.627.225,00; 4.740.805,00)

V(0.622.630,00; 4.737.820,00)

V(0.617.130,00; 4.737.820,00)

Características técnicas do parque eólico:

-Nº de aeroxeradores: 17.

-Potencia nominal unitaria: 1.500 kW.

-Potencia total instalada: 25,5 MW.

-Tipo de aeroxerador: Jacobs MD-70.

-Producción neta anual estimada: 65.640 MWh/ano.

-Orzamento total: 3.841.117.798 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, tranformación e interconexión:

-17 aeroxeradores tipo Jacobs MD-70 de 1.500 kW de potencia nominal unitaria.

-17 centros de transformación de 1.800 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente no interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico Serra do Páramo, composta por un transformador principal 20/132 de 30 MVA ONAN de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 50 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Afección a predios particulares:

(S.E.) Superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

(S.P.) Servidume de paso que implica a construcción de camiños e canalizacións subterráneas coas seguintes servidumes e limitacións de dominio permanentes:

-Dereito de libre paso ou acceso de persoal e equipos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneo que comprende a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas subterráneas aloxadas en gabias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.

(S.V.) Servidume de voo das pas dos aeroxeradores, definida como un círculo de 70 metros de diámetro arredor de cada aeroxerador.

(O.T.) Ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses, contados desde a instalación previa de casetas de obra ata completa-la revexetación dos terreos.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo Ronda da Muralla 70 (27071-Lugo), no prazo de 30 días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico Serra do Páramo poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo e concellos de Sarria, O Páramo e Paradela (Lugo); poden presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante esta Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Cómpre facer constar que esta publicación se realizará igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, tentada esta, non se puidese realizar.

Lugo, 24 de setembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Parque eólico Serra do Páramo

Bens e dereitos afectados

PredioPropietarioAfeccións (m)

PolígonoParcelaConcelloClaseLugarNomeEnderezoConcelloS.E.S.P.S.V.

180ParadelaPD-03Zarra da XastraRodríguez López GloriaBidueiro, 9, Castro de

Rei de Lemos

Paradela924,56629,63.108,8

113Páramo, OLópez Díaz DoloresLugar Vilanova-FriolfePáramo, O1.537,342.618,6

1169Páramo, OLópez Díaz DoloresLugar Vilanova-FriolfePáramo, O2.509,5

1178Páramo, ORodríguez Rodríguez ManuelRegueiroescuro-FriolfePáramo, O937,69592,63.098,3

11106Páramo, ODíaz López ManuelFriolfePáramo, O520,71442,51.106,3

11116Páramo, OChaoLópez González María LuisaFriolfePáramo, O3.889,31

11125Páramo, OLópez González María LuisaFriolfePáramo, O872,44494,63.150,5

11166Páramo, ODescoñecido834

11167Páramo, OPérez Casanova ManuelaFriolfePáramo, O1.448,161.855,9

11380Páramo, OMonte Costa do PáramoMVMC Costa do Páramo

José Manuel López

FriolfePáramo, O870,43922,563.152,1

23384SarriaSan MarcosMVMC de veciños de Goián

Marcelino Boado Santos

Airexe, 7 (Goián)Sarria4.004,737.532,212.190

23580SarriaMT-03MontePérez Fernández José MaríaC. Sotelo, 27Sarria880,58753,13.144

23581SarriaMT-03MonteLópez López LinoCorvelle, 18-CorvelleSarria881,90560,93.142,9

23702SarriaC-03San MarcosMVMC de veciños de Biville

Luis Albín López

Queixona, 1 (Biville)Sarria2.253,363.771,35.894,2

23708SarriaMT-01San MarcosMVMC de veciños de Biville

Luis Albín López

Queixona, 1 (Biville)Sarria359,86827,12.037,7

25869SarriaSan MarcosMVMC de veciños de Biville

Luis Albín López

Queixona, 1 (Biville)Sarria1.863,253.777,76.206,3