Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2001 Páx. 13.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión de data dez de setembro de dous mil un, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudio de detalle da rúa Baiona promovido por Ángel Iglesias Acuña, de conformidade co estipulado no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é firme en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes desde a súa publicación ou ben recurso contencioso-administrativo, diante da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Cangas, 14 de setembro de 2001.

José E. Sotelo Villar

Alcalde