Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2001 Páx. 13.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 21 de setembro de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relaciona a proposta de liquidación contida en acta de desconformidade (A02), pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Silva Fernández, Josefina).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse: proposta de liquidación contida en acta de desconformidade (A02), pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Económica e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 56 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección de tributos.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América bloque 1 portal oficinas 2ª planta Vigo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 21 de setembro de 2001.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Silva Fernández, Josefina

DNI: 35911688

Rosalía de Castro, 51-1ºC

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Acta de desconformidade nº 345-237.

Exercicio: 1997.