De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse: proposta de resolución de expediente sancionador por infracción tributaria grave, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Económica e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 77 da Lei xeral tributaria.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América bloque 1 portal oficinas 2ª planta Vigo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Vigo, 21 de setembro de 2001.
Pedro J. Arbolí Albarracín
Delegado territorial de Vigo
ANEXO
Interesado Procedemento
CIF: A36839108
Luis Taboada, 27 baixo
Vigo Expediente sancionador nº 073/01.
Exercicio: 1998.Bembrun, S.A.
Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.