Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2001 Páx. 13.635

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

EDICTO (314/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 314/2001, seguidos por instancia de José Cabana Portela contra Construcciones Cosmarti, S.L. sobre salarios, nos que se dictou sentencia en data 13-9-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por José Cabana Portela contra a empresa Construcciones Cosmarti, S.L. condeno a esta a aboarlle a cantidade de 616.693 pesetas que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Preveuse a empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 314-2001 do banco BBVA desta cidade, denominada conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mando e asinoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Cosmarti, S.L., expido e asino o presente edicto na Coruña o 13 de setembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado