Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2001 Páx. 13.632

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 17 de outubro de 2001 pola que se convocan para a elección de destino os aspirantes que superaron o proceso selectivo, polo sistema de acceso libre, convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000, ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C).

Pola Orde do 5 de xuño de 2000 (DOG nº 115, do 14 de xuño), convocouse proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), sendo nomeados como funcionarios en prácticas a través da Resolución do 28 de xuño de 2001 (DOG nº 126, do 29 de xuño; corrección de erros DOG nº 137, do 16 de xullo).

Unha vez publicados polo correspondente tribunal os resultados obtidos no curso selectivo e co obxecto de que os aspirantes que superaron o dito proceso selectivo polo sistema de acceso libre accedan á condición de funcionarios coa maior brevidade, esta consellería

DISPÓN:

Convoca-los aspirantes que superaron o proceso selectivo polo sistema de acceso libre ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), para a elección de destino provisional, en único chamamento, na sala B da Consellería da Presidencia e Administración Pública o día 24 de outubro, ás 11 horas, podendo elixir, segundo a orde acadada no proceso selectivo, entre os postos que se relacionan no anexo desta orde, sempre que reúnan as condicións esixidas nel.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a personalidade.

Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Ós aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes, seranlles adxudicadas en destino provisional as prazas que lles corresponden atendendo á orde de publicación destas e ó número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas ós aspirantes presentes ou representados, e entre as que quedaron sen adxudicar.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia

e Administración Pública

ANEXO

Relación de postos de traballo vacantes do grupo C

Corpo administrativo da Xunta de Galicia

Código do postoDenominaciónNivelConselleríaCentro de destinoConcello

1EFC020000015770010Posto base grupo C14Economía e FacendaSecretaría xeralSantiago de Compostela
2EFC020000115770037Xefe de grupo de información ó cidadán14Economía e FacendaVicesecretaría xeral técnicaSantiago de Compostela
3EFC040000015770034Xefe de grupo14Economía e FacendaDirección Xeral de TributosSantiago de Compostela
4CUC020000115770039Xefe de grupo14Cultura, Comunicación Social e TurismoSecretaría Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión OrzamentariaSantiago de Compostela
5CUC060000115770010Xefe de grupo14Cultura, Comunicación Social e TurismoSecretaría Xeral de Ordenación do TurismoSantiago de Compostela