Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2001 Páx. 13.633

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 3 de outubro de 2001, dos tribunais 1, 2 e 3 que xulgan o proceso selectivo para o acceso ó corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), adoptado o día 3 de outubro de 2001, relativo á publicación parcial das notas correspondentes á segunda proba do primeiro exercicio.

Os tribunais 1, 2, e 3 encargados de xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), convocado pola Orde do 5 de xuño de 2000, reunidos en sesión conxunta o día 3 de outubro de 2001 acordan:

-Facer públicas, para os efectos oportunos, as notas da segunda proba do primeiro exercicio dos aspirantes que non superaron a primeira proba, e que non se publicaron con anterioridade segundo o contido da base II.1.

-As notas, unha vez publicado o correspondente anuncio no DOG, atoparanse expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2001.

Loreto Díaz SánchezEduardo Suárez CampoJosé R. Díaz Presedo

Presidenta doPresidente doPresidente do

tribunal nº 1 tribunal nº 2 tribunal nº 3