Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 19 de outubro de 2001 Páx. 13.632

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 03/0008069/2001 interposto por Demetrio Fernández González.

Recibida da sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 03/0008069/2001, interposto por Demetrio Fernández González contra o Decreto 113/2001, do 26 de abril (DOG nº 99, do 24 de maio) polo que se declara a urxente ocupación para efectos de expropiación forzosa dos bens necesarios para a realización das obras do proxecto reformado para a dotación de servicios da rúa entre a praza do Concello e A Calexa.

Esta consellería acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, remitirlle o correspondente expediente administrativo á dita sala, o que se lles notifica a tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan constituírse en parte nos autos da sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2001.

Alfonso Rueda de Valenzuela

Director xeral de Administración Local